O
primeiro día collemos un avión …
Esperade!
Eu chámome Javier, teño 10 anos e vou en 5º de primaria; agora si!
Vouvos
falar da viaxe que fixen no nadal do
2015.
Esta viaxe deixoume un gran recordo e creo que nunca se me esquecerá.
1º Día
O primeiro día collemos un avión
desde Vigo ata Madrid. Foron como uns 50 minutos.
Ao chegar ao aeroporto de Madrid collemos
un autobús que nos levou ata o hotel.
Ao chegar ao hotel descansamos un
pouco e despois fomos pasear por Madrid.
2º Día
O segundo día pola mañá collemos o
mesmo autobús e levounos ao aeroporto de Madrid (Barajas).
Ao chegar ao aeroporto pasamos todos
os controis e logo metémonos nun avión xigante con tele, manta, almofada, comida...
Despois de 10 horas, cando chegamos
ao aeroporto de Miami, collemos outro avion a San José que duraba 3 horas.
Ao chegar a San José fomos a un hotel chamado COCOON.
3º Día
O terceiro día, ao rematar o almorzo, fomos ata a estación de autobuses para coller un tícket que nos levara ata Tortuguero. Para iso collemos 2 autobuses e unha lancha. No segundo autobús a revisora falounos das froitas, verduras e gando que hai en Costa Rica.
A viaxe foi alucinante e preciosa. Ao chegar a Tortuguero collemos un hotel ao lado da praia, instalámonos, e logo veu un home que nos preguntou as actividades que queriamos facer ao día seguinte.
4º Día
Pola mañá, un guía levounos ata o embarcadoiro e alí collemos unha canoa e fómonos polo río, nela vimos moitos animais, por exemplo, caimáns, monos, iguanas, paxaros...
Despois almorzamos e cambiámonos de roupa para ir ao parque natural de Tortuguero.
Despois fomos a cear e fixen grandes amigos. Pola noite recollemos todas as cousas para ao día seguinte marchar.
Deitabámonos ás 18:00 h e levantabámonos ás 04:00 h da mañá.
5º Día
Pola mañá, despois de almorzar, collemos unha lancha de Tortuguero a Cahuita que duraba tres horas, foi alucinante! A metade de camiño, paramos nun bar a tomar café. No primeiro tramo da lancha vimos un crocodilo, foi impresionante!
Ao chegar ao embarcadoiro collemos un taxi que nos levou ata
o noso hotel de Cahuita (Caribe).
No hotel, deixamos as cousas e marchamos ata a praia .
Cando nos estabamos metendo na cama, a señora do hotel chamounos
porque fóra había uns perezosos camiñando por un tendido eléctrico.
6º Día
Cando paramos a descansar, bañámonos no mar Caribe e
aproveitamos para comer; cando estabamos falando vin que un mono nos quería roubar
a mochila, quedamos atontados e coa boca aberta.
Despois dun anaco de camiño fomos a outra praia. Eu púxenme a nadar a crol e unha ola desvioume, e coa punta da póla dunha árbore caida fíxenme unha ferida na cabeza. Despois fomos cear e logo para a cama.
7º Día
O sétimo día foi o máis aburrido de todos porque de 07:00 a
17:00 horas estivemos nun autobús. Fomos dende Cahuita a La Fortuna.
Cando chegamos a La Fortuna fomos ata unha axencia onde nos dixeron os turs e hoteis que había.
Ao final collemos un chamado “Cabinas el Búho”. Como xa era moi tarde fomos cear, ceamos unha pizza e logo fomos durmir.
8º Día
O oitavo día collemos un autobús que nos levou ata o parque
natural de La Fortuna. No parque o que máis me gustou foi ver a típica raniña
de Costa Rica, a rana arbórea calzonuda e o colibrí.
Despois do parque, fomos a unhas augas termais naturáis e despois collemos un autobús que nos levou ata Monteverde e alí collemos un hotel chamado Mi Casa Tica.
Despois do parque, fomos a unhas augas termais naturáis e despois collemos un autobús que nos levou ata Monteverde e alí collemos un hotel chamado Mi Casa Tica.
Ceamos nun bar no que estaba a comida moi rica e era moi
acolledor.
9º
Día
Ás 07:00 da mañá un
autobús recolleunos e levounos ata unhas tirolinas, foron alucinantes, había caída
libre, tirolinas de quilómetro e medio...
Ao chegar ao pobo collemos un taxi que nos levou ata o parque natural de Curi Cancha, alí vimos o quetzal, as guatusas, os colibrís...
Ao rematar collemos outro autobús que levounos ata o hotel.
10º Día
O décimo día collemos un autobús a Puntarenas e de Puntarenas a Jacó, en Jacó collemos un hotel con piscina e vistas ao Pacífico.
Alí fixen moitos amigos e pola noite, na piscina, xogabamos
ao voleibol.
11ºDía
Pola mañá fomos á praia, no Pacífico. Alí, xogamos coas olas
e coa area. A auga estaba saladísima e quente.
Cando chegamos ao hotel, comemos uns espaguetis e bañámonos
na piscina.
Nese hotel había moitas iguanas e basiliscos e eu perseguíaos
e xogaba con eles.
12º Día
Pola mañá collemos un autobús que nos levou ata o aeroporto.
No aeroporto collemos un avión que nos levou ata Miami, e alí
collemos outro avión que nos levou ata Madrid.
O día foi moi movido e longo e nós acabamos moi cansos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario