TRABALLAR EN
EQUIPO
Sempre que digo a miña opinión deste tema, a
xente, en xeral, opina o contrario; por
iso, este texto (me imaxino) que vai ser
diferente aos da maioría.
O traballo en equipo a min no me gusta; de
feito, creo que a profesora está facendo mal. E algúns pensaredes: “O traballo
en equipo é favorable porque che axuda a relacionarte cos demais e a aprender a
escoitar”. Entendo que moitos de vós sodes optimistas pero tamén hai que fixarse nas consecuencias, para iso fixen
unha lista:
Cousas boas de traballar en equipo
|
Cousas malas de traballar en equipo
|
Tes xente que te axuda cando non entendes
algo
|
A xente fala e desconcéntrate
|
Aprendes a escoitar
|
Nun traballo hai un 99% por
cento de posibilidades de que haxa
algún conflito
|
Coñeces máis e relaciónaste
máis cos teus compañeiros
|
Algúns compañeiros do
equipo poden non confíar en ti, e iso fai que esteas constantemente
observado e poidas ser obxectivo de burla
|
Se necesitas algo do
material que non tes, podes pedirllo a alguén que cho poida prestar sen
necesidade de levantarse e interromper a clase
|
O
traballo en equipo sempre adoita ser máis lento que o individual, cousa que pode provocar ataques de nervios
e discusións
|
Podes compartir as túas
ideas cos demais e os demais poden darche
ideas
|
As
persoas dun equipo máis vagas aprovéitanse dos mais traballadores.
|
Un traballo en equipo
sempre é de maior “calidade”
|
Nun
traballo pode pasar que coincidan nun equipo dúas persoas que no se levan ben,
e entre problemas poderían condenar o traballo.
|
Dito o anterior vou explicar como habería que
facer para traballar en equipo en perfectas condicións.
Para que un grupo funcione ben e sexa
eficiente, ademais de facernos crecer persoalmente, débense cumprir os seguintes requisitos:
1º Debe haber confianza no grupo. Se existe a
confianza total o equipo será mais áxil e haberá unha boa relación no ambiente.
3º Outra cousa é a cohesión. O grupo ten que
sentirse como se fose unha soa persoa porque senón a presentación do traballo
sería mais incompleta (probablemente)
4ºPor último, pero non menos importante, a
motivación. Se un grupo non se propón unha meta ou vai pensado que lles vai a
saír fatal o traballo, merecerá ese
resultado.
E
para rematar... moitas grazas por escoitarme
Diego
Veiga Pereiro
A miña casa, a dez de xaneiro de 2016
O MEU TEXTO, A MIÑA OPINIÓN
Neste texto vouvos contar as desvantaxes e as vantaxes de traballar en equipo ou individual, así que comecemos; pero antes, quero aclarar que traballar só (individual), para min, non está ben dito porque sempre tes aos teus compañeir@s ao lado, entón, aínda que teñamos as mesas separadas, sempre teremos a alguén cerca para preguntarlle calquera dúbida en baixiño.
En calquera caso, eu prefiro traballar
coas mesas por separado por esta clara razón: cando tes a unha persoa ao lado,
e non para de falar, moléstate e non te deixa traballar e atender ao
profesorado. Pero se estás só, aínda que o teñas ao lado, non sucede isto, e se
el quere falar, que se ateña ás consecuencias pero que non culpe a ninguén de algo que non fixo.
Daniel Suárez Pose
No hay comentarios:
Publicar un comentario