O magosto é una festa que celebramos no noso
colexio todos os anos, pero o deste curso foi moi especial para nós porque,
como cada ano, o alumnado de 6º é o encargado da súa organización, e de que todo o
mundo o pase ben ese día.
Os días máis difíciles foron os previos á festa, xa que tivemos que sacrificar as nosas “amadas, gloriosas, sagradas...” clases
de educación física para organizalo todo ben: repartímonos en grupos de 3,
recollemos polas clases os materiais que cada curso trouxera da casa e
preparámolo todo para os xogos.
E chegou o día do magosto. Tod@s estabamos moi nervios@s. As primeiras clases pasaron mooooi leeentamemte...
Beeen!!!
Ao fin chegou a hora de baixar e dispoñelo todo para empezar!
Ao fin chegou a hora de baixar e dispoñelo todo para empezar!
Pouco a pouco, e sempre coa axuda da profe
Remedios, a organizadora principal,os xogos ían tomando forma. Había xogos para
todos os gustos: de resistencia, forza, velocidade e incluso puntería, pero
sempre con diferentes niveis de dificultade para cada curso.
Antes de que baixara o resto do alumnado parecía que todo estaba baixo control, ata que, de repente, e como nunha desbandada, apareceu un remuíño de nenos e nenas. Eran centos!!! Tal parecía que o colexio ía a caer e que todo se nos descontrolaba. Tal era a fame que tiñan que cremos que nos ían comer!
Nestas estabamos cando a profe Remedios fixo soar o seu chifre e todos se puxeron organizadamente en filas por cursos. Seguindo o organigrama, cada grupo de 6º colleu o curso que lle correspondía, dende 4º de Infantil ata 5º de primaria.
Empezaba a festa do magosto!!!
O primeiro que tiñamos que facer en cada grupo
era explicarlles en que consistía o xogo e as normas... pero nin caso, coma se
non existiramos!
A medida que ía pasando a mañá, iamos
collendo máis soltura e sentiamos que nos entendían mellor. O certo é que cada vez
estabamos máis cans@s, e máis, e máis... Estabamos tan ocupad@s nos xogos que
non nos decatamos do cansazo ata rematar.
Cando soou o timbre que puxo fin á faena, todos caemos ó chan. A profe Mercedes ensinounos orgullosa as fotos que nos tirou xogando, e, antes de subir ás clases, todo o colexio nos fixo unha ovación.
Despois que nos quedamos sos no patio para recoller, a profe Lola ofreceunos unha caixa chea de castañas, e algúns, non imos dicir nomes, repetiron máis das veces que podemos contar.
Pasámolo moi ben pero...
non vos imos mentir...
sufrimos moito!!!!!!!!!!
Esta Moi ben (soy Boyi)
ResponderEliminarQue blog tan chulo. Ten unhas entradas marabillosas.
ResponderEliminar