Eu son Nicolás, e vouvos falar do sitio
favorito de todos os rapaces do noso cole: o patio.
Para empezar direivos que ten de todo: campo
de fútbol, areeiro, gradas...
A xente coma min, á que non nos gusta o fútbol
(si,si, son un pouco raro), apáñase e, para non aburrirse, pasea, fala soa, pasea
mentres fala soa, fala con alguén, séntase e pensa sobre a vida...
Ou soamente
pensa e escapa de toda a clase de 3º, (sen esaxerar, é toda, e para min non é
un xogo, se te atrapan non te soltan, preguntádelle a Dani se non me credes).
Outras veces, eu, máis outros coma min, inventámonos xogos aos que ao final todo o mundo quere xogar. Oli
máis eu somos os especialistas da clase en inventar xogos; algúns dos máis
famosos son "Guerra imaxinaria", "Invasión zombi" ou "Porkisumo".
Os de autobús somos os que mellor o pasamos
porque é como se tiveramos “tres recreos” nun mesmo día xa que polas mañás,
mentres non soa a sirena, non imos á clase e, á saída, podemos xogar ata que
chega o bus.
Para rematar vou enumerar distintos espazos do
patio e a dicir os xogos que facemos alí.
Areeiro: alí, no primeiro e terceiro recreo,
sempre xogabamos ao “pilla alturita” ou a “guerra de landras”, ao que só se pode
xogar no outono, sempre e cando non vexamos ningún neno pequeno por alí, (o xogo
quedou clausurado despois dun accidente).
Bosque: ese é o lugar favorito da persoa que
escribe isto. Alí pódese xogar á guerra de cóxegas ou á guerra de sustos
(sempre é moi fácil predicir o perdedor, son moi sensible ás cóxegas).
Podería falar doutros moitos xogos que non
teñen un sitio concreto para xogar a eles, pero son demasiados para contar
aquí; levamos inventados arredor de corenta e cinco, son tantos que algúns xa
os temos esquecidos.
Como queda aquí relatado...
O noso patio mola
mogollón!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario