Seleccionando efemérides
O día 16 de
abril de 1889 naceu en Londres Charles Chaplin. Foi un actor,
humorista,guionista, director e escritor que se fixo famoso grazas á cantidade
de películas que realizou co seu personaxe Charlot. Considerase o máis
importante representante do cine mudo. Chaplin morreu o 25 de decembro
de 1977 con 88 anos.
Redacción e imaxe, Tomás e Pablo Matías
Este día celébrase desde 1995 o Día Mundial contra a
Esclavitude Infantil. Ese 16 de Abril de 1995 foi asasinado o rapaz de 12 años
Iqbal Masih, un activista contra o maltrato dos nenos e nenas.
O 16 abril de 1828 (fai 192 anos) morreu Francisco de Goya y
Lucientes en Burdeos-Francia. Foi un importante pintor e gravador español. A
súa obra abrangue pintura, gravado e debuxo mural.
Redacción e imaxes Martín e Aixa
Tal día coma
hoxe, o 16
de abril de 1945, comeza a Batalla de Berlín na cidade alemana, a
última gran batalla en Europa durante a Segunda Guerra Mundial. Nesta batalla,
o exército soviético avanza sobre Berlín para acabar coas tropas nazis.
Texto e imaxe, Pablo Santiago
No hay comentarios:
Publicar un comentario