Día Internacional da meninxite
Celébrase o 24 de abril de cada ano. Trátase dunha infección bacteriana grave das membranas que rodean ao cerebro e á médula espiñal.
Pablo Matías
Lanzamento de Google Drive
Tal día coma hoxe en 2012, a empresa estadounidense Google lanzou Google Drive, que permite aos usuarios almacenar ficheiros nos seus servidores, sincronizar ficheiros en dispositivos e compartir ficheiro.
Martín
Atopan o primeiro planeta habitable similar á Terra
Un día coma hoxe de hai 13 anos, descubriuse o primeiro exoplaneta similar á Terra, na zona habitable da súa estrela, Gliese 581. Ten unha masa 5 veces superior á da Terra, a súa temperatura oscila entre 0º e 40ºC, e os astrónomos afirmaron que cumplía todos os requisitos para albergar vida. Completa a súa órbita en 13 días.
Olivier
Gliese 581 atópase a 20,5 anos luz da Terra. É unha das 100 estrelas máis cercanas a nós. |
Un, dous, tres... responda outra vez!
Tal día coma hoxe do ano 1972, nace o programa de entretemento español "Un, dous, tres". Foi un programa e concurso de televisión creado por Narciso Ibáñez Serrador, máis coñecido como Chicho Ibáñez Serrador e emitiuse durante 10 temporadas.
Paula
No hay comentarios:
Publicar un comentario