Este relato de Andrés conseguiu o primeiro premio entre os seis finalistas que foron seleccionados. Parabéns para Andrés, esperamos que este premio sexa dos
primeiros dunha longa lista.
E recordade que
para poder ganar o primeiro é participar.
UNHA HISTORIA DIFERENTE
Todo
comezou na base do C.S.M.M.M. (Club Secreto dos Malos Malísimos da Morte).
Neste club, estaban todos os malos de películas, series, libros, cómics... en
fin, xa me entendedes, TODOS, dende os máis coñecidos (Darth Vader ou Maléfica)
ata os menos coñecidos (Rei Xeo ou Mandrake). O club, fora creado había moitísimo anos, co fin de dominar
o mundo..... e todo iso que queren os malos. Pero, estaba claro, que ese, non
era o seu único fin, tamén querían vinganza.
A base secreta estaba..... non sei, era
secreta. Pero nela, discutían todo tipo de temas como por exemplo: novos
ataques ou misións, novos membros do club... Pero o tema máis discutido, sen
dúbida algunha, era, o de quen debería
ser o xefe, algúns, dicían que debería ser Maléfica, xa que fora a creadora do
club, pero outros, opinaban que debería ser malo máis forte; Darth Vader, o
lobo de Carapuchiña ou outros máis. Pasábanse todo o día discutindo, mellor
dito, toda a noite, que era cando traballaban mellor, e perdían moitísimo tempo
que podían aproveitar para atacar algunhas zonas.
Estes tamén tiñan unha base ``SEGRETA´´
aínda que... non era tan secreta, todo o mundo sabía onde estaba. Nesta base
tamén discutían temas variados pero estes, non deliberaban o do xefe nin nada
diso. O club, estaba liderado pola Fada Madriña, e ninguén, o quería contradicir.
Ben,
basta de presentacións e que comece a historia de verdade:
Maléfica, estaba que metía medo, e os
seus cómplices... tamén. Acababan de perder unha batalla, e a Fada Madriña
(Coñecida no club como Madri), conseguira un territorio amado por Maléfica: O
seu bosque encantado, e, coma se se tratase do seu propio castelo, Maléfica,
quería recuperalo. Así que encargoulle a Darth Vader o traballo de reconquistalo.
Era un traballo moi difícil xa que, o
exército que conseguira o bosque encantado, era, nin máis nin menos, que, o de
Luke Skywalker: o seu inimigo supremo. Pero Vader, non se rendeu, loitou nun
cara a cara con Luke e... perdeu!! Xa vos imaxinaredes o castigo que lle caeu: el
e seu exército, foron os encargados de sacar brillo ás armas dos demais
exércitos do club durante tres meses!
Esa mesma noite, celebrouse unha festa en honor a
Luke, organizada por Madri. Na festa, houbo de todo, comida, bebida e incluso
un mago e un pallaso. Pero o que non sabían era que Maléfica non se rendera:
Mandara a Mandrake á festa, coa misión de estropeala. O seu
exército foi para alí pero... será mellor que non o conte porque, perdeu:
batalla por aquí, pelexa por alí pero... nada. Unha derrota tremenda.
Por iso, Maléfica, púxose máis furiosa
aínda. Nas seguintes sesións de reunión do club, so pensaba en facer unha nova
batalla, pero esta vez, non sería unha calquera: PARTICIPARÍA TODO O CLUB!! Dende os máis fortes, aos máis débiles; dende os máis grandes, ata os máis
pequenos.
Pasáronse meses e meses organizando o
plan perfecto. E por fin chegou o día: o
solsticio de inverno. Era a noite máis longa do ano e así, tiñan máis
tempo para atacar. O día, transcorreu coma outro calquera; Maléfica xa estaba
case preparada.
Os últimos meses estivera recrutando a
outros “xenios do mal” para "A gran batalla" e despois de recrutar a todos os que
puido, formaran exércitos tan amplos coma campos de fútbol cos que, máis tarde,
tiñan pensado vencer ó club inimigo.
Todo estaba listo; o plan, os exércitos
e incluso a hora e o lugar exacto da batalla; realizaríase nas portas da sede
do club dos bos.
Ese día, segundo lle dixera un espía a
Maléfica, realizaríase unha reunión no club e remataría coa posta de Sol.
Maléfica, decidira atacar a esa hora porque, na reunión, ninguén ía levar armas
(ou iso cría ela) e por iso o máis probable era que eles ganasen.
Eh... ben, como xa dixen antes, os bos
tiñan unha reunión. Nesa reunión, falaran un montón de temas, incluso
discutiran a que colexio ía ir a filla de Brancaneves ou sexa que,
imaxinádevos.
Quero engadir que, o plan de Maléfica
era malísimo. Como xa se demostrara en batallas anteriores, hai certos
exércitos que, ante os da Fada Madriña, non poden ganar. Quero dicir, o
exército de Darth Vader, nunca vai gañar ao de Luke Skywalker e, Cruella
Devil, nunca ganará aos 101 Dálmatas. Pero, niso, non reparara Maléfica e por
iso no seu plan, todo ía ser coma sempre:
Lobo vs. Carapuchiña e os 3 porquiños, Sombra vs.
Sandy, Jack, Fada dos Dentes e Santa Claus.... o de sempre.
Era un plan nefasto e que non tiña nin
sentido nin saída, era unha táctica malísima.
.....................................................................................................................................................
E por fin a batalla comezou, xa rematara
a reunión “sen armas” e todos os “malos”, estaban xa esperando na porta da Base
“Secreta”.
Nada máis saír da reunión, todos os
participantes, pararan a recoller os seus abrigos, a coller os seus bolsos, o seu
material da reunión e, claro está, as súas armas. Saíron pola porta principal
e...... alí estaban, todos os exércitos de Maléfica ao completo.
Aínda que lles pillou por sorpresa,
souberon reaccionar e nuns segundos, xa estaban todos listos para atacar; A
Fada Madriña; coa súa variña, Luke Skywalker; coas súas espadas, e o resto dos
exércitos, coas súas propias armas.
Para Maléfica, foi un golpe duro xa que,
ela non esperaba que tivesen alí todo preparado e, sen dubidalo nin un segundo,
púxose na defensiva.
─Atacade todos á vez, non vos botedes
atrás. Pensade que é polo noso ben. ─ Dicía Maléfica.
Xa postos en plena batalla, A Fada
Madriña, comezou a gritar:
─Cubride por alí. Atacade por alí ─
Explicaba ─ Cando chegan os reforzos?
Despois da pequena sorpresa, A Fada
Madriña pedira reforzos, na reunión estaban todos os integrantes do club pero
non estaban os seus exércitos.
Tras 30 minutos de espera, por fin
chegaran os exércitos. O de Luke Skywalker, foi o primeiro en chegar e polo
tanto, o de Darth Vader, foi o primeiro en caer. De feito, antes de que todos
os exércitos chegaran, o de Vader xa non estaba en pé.
Todas as batallas estiveron bastante
axustadas pero, pouco a pouco, o exército de Madri, foi ganando terreo;
Mandrake caeu, O Lobo tamén e Sombra seguiu o mesmo camiño.
Apenas quedaban xa exércitos cando
Maléfica se decatou do erro do que falabamos antes. Xa era moi tarde pero aínda
así, tentou arranxalo modificando os seus exércitos.
O que fixo foi mesturar soldados de todos
os exércitos de forma que, compañeiros do Rei Xeo e de Maléfica (por exemplo)
estaban mesturados.
Ao principio, a táctica, non deu
resultado pero, ao cabo dun tempo, comezábanse a notar os efectos.
Derrotaran xa a varios exércitos
inimigos e, ao final quedaron no bando “malo” o exército de Maléfica, e no “bo”
o de Madri.
Todo apuntaba a que Madri ía saír
ganando pero, un golpe de sorte caeulle a Maléfica coma se fose do ceo (en
realidade, viu do ceo en sentido literal pero da igual); resultou que, apareceu
voando, rodeado do seu exército de sheks, Ashram o nigromante.
A este chegáralle unha invitación para
unirse á gran batalla pero, como estaba moi lonxe da súa casa, tivo que viaxar
durante semanas. Ao ver que estaban en plena batalla, decidiu unirse aínda que
chegaba con retraso.
Ashram, foi a sorte caída do ceo de
Maléfica que, aproveitando a cara de asombro de Madri, atacou e, ao ser de
improviso, cun so xesto da man, Ashram derribou á Fada Madriña.
Os seus exércitos, ao ver a súa xefa
caer, rendéronse, ou outros, simplemente correron asustados.
Ata aquí chega a miña historia que,
agora xa rematada, espero que entendades o título.
Un
homiño diferente
No hay comentarios:
Publicar un comentario