UNHA MACEDONIA CIENTÍFICA
22/2/16 - 3/6/16
Moitas veces, na túa cabeza, xurdíronche dúbidas que nunca tiñan resposta ou que nin sequera tiñan sentido.
No noso colexio é habitual, porque somos o CEIP San Martiño. Un colexio que agora (no noso tempo de gloria) poderíamos dicir que é un colexio famoso na nosa cidade.
E preguntarédesvos: por que é tan famoso? Pois moi ben, o noso colexio conta cun "palmarés" espectacular. Nas nosas vitrinas temos " premios de todas as cores", como o mellor cartel das Letras Galegas ou o trofeo de campións da "liguilla" de balonmán.
Aínda que para nós (as nenas e nenos de sexto), nas nosas retinas aínda se segue reproducindo aquel gran día, o día no que gañamos Pontenciencia 2015.
Como o ano pasado tivemos éxito ao participar (e gañar) en Pontenciencia, este ano vímonos "obrigados" a volver. Este ano era o "Retorno do Rei", o retorno do San Martiño.
Aquel 22 de febreiro, 22 de febreiro cargado de esperanzas, das nosas esperanzas, esas con ganas de volver, con ganas de disfrutar, con ganas de aprender... aquel día coa nosa unión.
Ese 22 de febreiro foi cando empezou todo.
Pois resulta que
todo empezo un dia calquera ... Tiñamos clase co profe Diego, pero ese día viña
máis “misterioso” que de costume...
O profe Diego
díxonos que iamos a participar outra vez en Pontenciencia. Cando nolo dixo emocinounos moito, aínda que logo engadiu que, ao mellor, os de 5º tamén irían. Cando nos dixo isto decepcionounos un pouco pero, sen dicir nin mu, puxémonos mans á obra.
Resulta que ese
dia estabamos dando o tema 6, o tema dos materiais, e eliximos ese tema para
Pontenciencia.
Ao principio nós
fixemos 4 experimentos: Combustión en acción, Por que “enferma” o
ferro? Condutividade e o Titanic cara a resposta.
Cada un molou
moito pero o profe Diego dixo que só podiamos elixir dous porque nos dixo que
os de 5º tamén tiñan os seus experimentos que eran: En busca do amidón perdido e
Sementes Zip que é unha continuación dun
experimento do ano pasado.
Despois de traballar moi duramente durante tres meses chegou o día de "examinarnos". Na clase, antes de saír, xuntámonos todos para comentar e apuntar o noso estado de ánimo unha hora antes do día máis importante do trimestre. Case todos coincidíamos no estado de ánimo: unha mestura entre alegría e medo.
Cando chegamos
alí o primeiro que fixemos foi ir a ver os stands que xa puxera o profe Diego o día
anterior, ao velos alí expostos sentímonos orgullosos, polo menos eu.
Despois de
“visitar” os nosos stands repartímonos en dous grupos: os que presentaban ao xurado e os que participaban nas actividades.
Despois de 15 minutos de espera foi chegando o xurado que, investigación por investigación, foron avaliándonos.
Mentres, os do outro grupo, participaban nas actividades:
Aqualoxía
Robotix
Ciencia Visión, Contaciencia e Ciencia na cociña.
Despois fomos a unha merendola que tiñan preparada os organizadores.
Aqualoxía
Robotix
Ciencia Visión, Contaciencia e Ciencia na cociña.
Despois fomos a unha merendola que tiñan preparada os organizadores.
Despois de repoñer enerxías coa merenda cambiamos os papeis, daquela, os que foran ás actividades quedaron nos stands e os que presentaran ao xurado marcharon a algunhas das actividades.
O luns soubemos que, ao final, gañamos Pontenciencia.
Textos de Diego e Susy
Textos de Diego e Susy
No hay comentarios:
Publicar un comentario