Bombardeo do 25 de maio
Tal día coma hoxe de 1938, no marco da Guerra Civil Española, no mercado central de Alacante, os avións fascistas de Francisco Franco, realizan o peor bombardeo contra a poboación civil; morren 313 homes, mulleres e nenos.Efeméride recollida por Martín
Fazaña do Everest
O 25 de maio do ano 2001, no monte Everest, os estadounidenses Erik Weihenmayer (32 anos) e Sherman Bull (64 anos) convértense, respectivamente, na primeira persoa cega e a persoa con máis idade en escalar o Everest.
Efeméride recollida por Saúl
Programa Apolo
Tal día coma hoxe, fanse 59 anos dende que nos Estados Unidos, o presidente John F. Kennedy anuncia, despois dunha sesión especial do congreso que o seu goberno está preparado para comezar o proxecto que levará ao ser humano á Lúa antes do final da década (Programa Apolo).
Efeméride recollida por Miguel
No hay comentarios:
Publicar un comentario