Nacemento Rachel Carson
O 27 de maio de 1907 nace en Estados Unidos Rachel Carson, unha bióloga marina, zoóloga, ambientalista e editora estadounidense que, a través do seu libro Silent Spring, (Primavera silenciosa), alertará dos efectos nocivos que tiñan os pesticidas sobre o medio ambiente en 1962. A partir do seu libro queda prohibido o uso do DDT, e os fundamentos da conciencia ambiental moderna xurdirán con forza.
Selección de Saúl
No hay comentarios:
Publicar un comentario