Inauguración do Eurotúnel
Tal día coma hoxe de 1994, a raíña Isabel II de Inglaterra e o presidente de Francia, François Mitterrand, inauguran o túnel que une ambos países baixo o Canal da Mancha.
Texto, Lara
Nacemento de Sigmun Freud
O 6 de maio de 1856 naceu Sigmund Freud, médico neurólogo austríaco, pai do psicoanálisis. Revolucionou a ciencia co seu método para intentar dar un significado aos soños.
Texto, Joaquín
O primeiro selo do mundo
Tal día coma hoxe de 1840, ponse á venda en Inglaterra o primeiro selo de correos do mundo. Rowland Hill propuxo que o envío o pagara o remitente segundo unha tarifa uniforme en función do peso. O primeiro selo postal foi o Penny Black da Raíña Victoria.
Texto e imaxe, Olivier
Maximilien Robespierre
O 6 de maio de 1758 naceu en Arras, Francia, o avogado, escritor e político, Maximilien Robespierre, alcumado "O Incorruptible". Foi un dos líderes máis destacados da Revolución Francesa; gobernou Francia durante o período revolucionario coñecido como "O Terror", ou "A ditadura do Terror".
Texto e imaxe, Pablo Santiago
No hay comentarios:
Publicar un comentario