lunes, 21 de diciembre de 2015

Creando centros de Nadal


Imaxe de Diego Veiga Pereiro


O xornal do colexio

Venres, 11 de decembro de 2015

Centros de mesa, adornos de Nadal

A pesares de todas as tarefas pendentes, Carmen e Diego, déronlle preferencia á realización de adornos para as casas. 

Andrés Pardo Carballo
Redacción / sexto 


Onte, as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria, gozaron de que os seus mestres, decidiran substituír algunhas das súas clases só para que @s nen@s  puidesen disfrutar dunha persoa moi especial, e que esta lles ensinase o que sabía.
Esta persoa era Antonia, especialista na realización e decoración de centros de mesa de Nadal. Os centros quedaron preciosos e, sen dúbida, son xeniais para adornar a mesa en Noiteboa ou Fin de Ano.

Aquí e agora faremos unha pequena explicación de como se fai un.

O primeiro son os materiais: espuma verde da que se usa para poñer as plantas, un tarro non moi grande e, por último, flores, follas, acevo...
Logo seguide estes pasos:
1. metede a esponxa no tarro
2. cravade as follas e o acevo na esponxa de forma que esta non se vexa
3. logo decorade con bólas de nadal, regaliños pequenos...
Se seguides estes pasos deberiades ter un centro espectacular.

Agora, no apartado de opinión, recollemos distintas impresións, entre elas a de Sheila: " a min encantoume o obradoiro, foi xenial. "A chica é encantadora e iso nótase"- dixo Dani -. "Xenial, xenial, xenial, non teño máis que dicir." - foron as palabras de David -.


The  Salcedo Times 

 Sábado, 12 de decembro de 2015

O Nadal chega ao CEIP San Martiño

             O alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP San Martiño confecciona              centros de nadal

Carlos Matías Pires
Salcedo / corresponsal

O pasado xoves, 10 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP San Martiño puido disfrutar dun taller de confección de centros de nadal, dirixido por Antonia, que colaborou de forma altruísta. 

O taller celebrouse no salón de actos do mencionado centro na mañá do xoves. @s alumn@s traballaron arreo e compartiron os materiais que puideron traer das súas casas, dende acevo, que algún compañeiro puido traer, ata unhas sinxelas campaíñas ou bólas de nadal.

Os resultaros foron uns preciosos centros de nadal e, por suposto, a felicidade e entretemento de todo o alumnado.  



domingo, 29 de noviembre de 2015

Describindo o noso patio

Eu son Nicolás, e vouvos falar do sitio favorito de todos os rapaces do noso cole: o patio.

Para empezar direivos que ten de todo: campo de fútbol, areeiro, gradas...

A xente coma min, á que non nos gusta o fútbol (si,si, son un pouco raro), apáñase e, para non aburrirse, pasea, fala soa, pasea mentres fala soa, fala con alguén, séntase e pensa sobre a vida... 
Ou soamente pensa e escapa de toda a clase de 3º, (sen esaxerar, é toda, e para min non é un xogo, se te atrapan non te soltan, preguntádelle a Dani se non me credes). 
Outras veces, eu, máis outros coma min, inventámonos xogos aos que ao final todo o mundo quere xogar. Oli máis eu somos os especialistas da clase en inventar xogos; algúns dos máis famosos son "Guerra imaxinaria", "Invasión zombi" ou "Porkisumo".

Os de autobús somos os que mellor o pasamos porque é como se tiveramos “tres recreos” nun mesmo día xa que polas mañás, mentres non soa a sirena, non imos á clase e, á saída, podemos xogar ata que chega o bus.

Para rematar vou enumerar distintos espazos do patio e a dicir os xogos que facemos alí.

Areeiro: alí, no primeiro e terceiro recreo, sempre xogabamos ao “pilla alturita” ou a “guerra de landras”, ao que só se pode xogar no outono, sempre e cando non vexamos ningún neno pequeno por alí, (o xogo quedou clausurado despois dun accidente).

Bosque: ese é o lugar favorito da persoa que escribe isto. Alí pódese xogar á guerra de cóxegas ou á guerra de sustos (sempre é moi fácil predicir o perdedor, son moi sensible ás cóxegas).

Podería falar doutros moitos xogos que non teñen un sitio concreto para xogar a eles, pero son demasiados para contar aquí; levamos inventados arredor de corenta e cinco, son tantos que algúns xa os temos esquecidos.


Como queda aquí relatado... 

                 O noso patio mola mogollón!!!

Celebrando o San Martiño no CEIP San Martiño

O magosto é una festa que celebramos no noso colexio todos os anos, pero o deste curso foi moi especial para nós porque, como cada ano, o alumnado de 6º é o encargado da súa organización, e de que todo o mundo o pase ben ese día.

Os días  máis difíciles foron os previos á festa, xa que tivemos que sacrificar as nosas “amadas, gloriosas, sagradas...” clases de educación física para organizalo todo ben: repartímonos en grupos de 3, recollemos polas clases os materiais que cada curso trouxera da casa e preparámolo todo para os xogos.

E chegou o día do magosto. Tod@s estabamos moi nervios@s. As primeiras clases pasaron mooooi leeentamemte...
  
Beeen!!! 

Ao fin chegou a hora de baixar e dispoñelo todo para empezar!
Pouco a pouco, e sempre coa axuda da profe Remedios, a organizadora principal,os xogos ían tomando forma. Había xogos para todos os gustos: de resistencia, forza, velocidade e incluso puntería, pero sempre con diferentes niveis de dificultade para cada curso.

Antes de que baixara o resto do alumnado parecía que todo estaba baixo control, ata que, de repente, e como nunha desbandada,  apareceu un remuíño de nenos e nenas. Eran centos!!!  Tal parecía que o colexio ía a caer e que todo se nos descontrolaba. Tal era a fame que tiñan que cremos que nos ían comer!

Nestas estabamos cando a profe Remedios fixo soar o seu chifre e todos se puxeron organizadamente en filas por cursos. Seguindo o organigrama, cada grupo de 6º colleu o curso que lle correspondía, dende 4º de Infantil ata 5º de primaria. 
Empezaba a festa do magosto!!!
O primeiro que tiñamos que facer en cada grupo era explicarlles en que consistía o xogo e as normas... pero nin caso, coma se non existiramos!
A medida que ía pasando a mañá, iamos collendo máis soltura e sentiamos que nos entendían mellor. O certo é que cada vez estabamos máis cans@s, e máis, e máis... Estabamos tan ocupad@s nos xogos que non nos decatamos do cansazo ata rematar. 

Cando soou o timbre que puxo fin á faena, todos caemos ó chan. A profe Mercedes ensinounos orgullosa as fotos que nos tirou xogando, e, antes de subir ás clases, todo o colexio nos fixo unha ovación.

Despois que nos quedamos sos no patio para recoller, a profe Lola ofreceunos unha caixa chea de castañas, e algúns, non imos dicir nomes, repetiron máis das veces que podemos contar.



Pasámolo moi ben pero... 
                                          non vos imos mentir...
                                                                               sufrimos moito!!!!!!!!!!
  

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Empezamos


E por onde empezamos? Pois por como ten que ser, por presentarnos.

Somos @s alumn@s do último ciclo do CEIP San Martiño. Si, xa sabemos que agora, coa LOMCE, non hai ciclos, somos cursos, quinto e sexto para ser exactos. Pero o certo é que, como queira que lle chamen, nós estamos acabando un ciclo, un ciclo que nos prepara para comezar una nova etapa nas nosas vidas. 

Metidos xa de cheo no curso, e para algúns, a pouco de deixar atrás a primaria, empezamos coa ilusión de ir deixando neste blog tantas cousas que a diario desexamos compartir. Son aqueles pratos que foron cociñados a lume lento, ao longo de todos estes anos , e que agora vos invitamos a saborear: textos, ilustracións, presentacións, traballos de investigación… 



E que nome nos pode identificar? Pois, por exemplo, un que recolla a nosa forma de traballar. Aquí vola deixamos:


XUNTANDO PEZAS 

 Xunto aos traballos no cole, 
o seu seguimento nas casas; 
xunto aos conflitos que xorden, 
as palabras que sandan; 
xunto aos soños que nos moven
a forza da esperanza; 
xunto ao traballo de tod@s, 
o seu reflexo na alma.