viernes, 19 de febrero de 2016

Argumentando: traballo individual ou en equipo



O último día de clase do pasado trimestre colocámonos en equipos. Este trimestre, a nosa profesora quería coñecer a opinión de todos, por iso mandounos facer un texto argumentativo sobre  traballar en equipo; aquí empeza:

TRABALLAR EN EQUIPO

Sempre que digo a miña opinión deste tema, a xente, en xeral,  opina o contrario; por iso, este texto (me imaxino) que vai ser diferente aos da maioría.
O traballo en equipo a min no me gusta; de feito, creo que a profesora está facendo mal. E algúns pensaredes: “O traballo en equipo é favorable porque che axuda a relacionarte cos demais e a aprender a escoitar”. Entendo que moitos de vós sodes optimistas pero tamén hai que  fixarse nas consecuencias, para iso fixen unha lista:


Cousas boas de traballar en equipo

Cousas malas de traballar en equipo
Tes xente que te axuda cando non entendes algo                                                                                               
A xente fala e desconcéntrate
Aprendes a escoitar
Nun traballo hai un 99% por cento de posibilidades de que haxa  algún conflito
Coñeces máis e relaciónaste máis cos teus compañeiros
Algúns compañeiros do equipo poden non confíar en ti, e iso fai que  esteas constantemente observado e poidas ser obxectivo de burla
Se necesitas algo do material que non tes, podes pedirllo a alguén que cho poida prestar sen necesidade de levantarse e interromper a clase
O traballo en equipo sempre adoita ser máis lento que o individual,  cousa que pode provocar ataques de nervios e discusións
Podes compartir as túas ideas  cos demais e os demais poden darche ideas
As persoas dun equipo máis vagas aprovéitanse dos mais traballadores.

Un traballo en equipo sempre é de maior “calidade”
Nun traballo pode pasar que coincidan nun equipo dúas persoas que no se levan ben, e entre problemas poderían condenar o traballo.

Dito o anterior vou explicar como habería que facer para traballar en equipo en perfectas condicións.
Para que un grupo funcione ben e sexa eficiente, ademais de facernos crecer persoalmente, débense cumprir os seguintes requisitos:

1º Debe haber confianza no grupo. Se existe a confianza total o equipo será mais áxil e haberá unha boa relación no ambiente.

2º Debe haber un respeto total na comunicación, porque por moito que che pareza absurda unha cousa que diga algunha persoa ao final pode dar unha idea

3º Outra cousa é a cohesión. O grupo ten que sentirse como se fose unha soa persoa porque senón a presentación do traballo sería mais incompleta (probablemente)

4ºPor último, pero non menos importante, a motivación. Se un grupo non se propón unha meta ou vai pensado que lles vai a saír fatal o traballo, merecerá  ese resultado.

E para rematar...  moitas grazas por escoitarme                                         


Diego Veiga Pereiro                                         

A miña casa,  a dez de xaneiro de 2016    


  

O MEU TEXTO, A MIÑA OPINIÓN

Neste texto vouvos contar as desvantaxes e as vantaxes de traballar en equipo ou  individual, así que comecemos; pero antes, quero aclarar que traballar só (individual), para min, non está ben dito porque sempre tes aos teus compañeir@s ao lado, entón, aínda que teñamos as mesas separadas, sempre teremos a alguén cerca para preguntarlle calquera dúbida en baixiño.

En calquera caso, eu prefiro traballar coas mesas por separado por esta clara razón: cando tes a unha persoa ao lado, e non para de falar, moléstate e non te deixa traballar e atender ao profesorado. Pero se estás só, aínda que o teñas ao lado, non sucede isto, e se el quere falar, que se ateña ás consecuencias pero que non culpe a ninguén de  algo que non fixo.

Traballar por separado é máis sinxelo, xa que traballar  por equipos implica ter un cargo (secretario, responsable do material, etc...) e isto é máis custoso porque a xente toma o seu posto en serio, demasiado, e isto provoca que estea máis pendente dos demais que del mesmo.                                                                                              

Daniel Suárez Pose 

Celebrando a paz

The salcedo times
Sábado, 30 de Xaneiro de 2016


A PAZ INVADE UN COLEXIO DE SALCEDO


O alumnado do colexio C.E.I.P San Martiño de Salcedo, celebra o día da paz.


Carlos Matías Pires
Salcedo / corresponsal


 Ao longo da semana que vén de rematar, nenos e nenas do colexio San Martiño, traballaron, xunto co profesorado do centro, para a celebración do día da paz.
A conmemoración completouse no dia de onte, cando, sobre as 12:45 horas, o alumnado  deu lectura ás mensaxes que previamente confeccionaran nas aulas, intentando ensinar o que eles pensaban que era a paz, e como temos que conseguila.

A presentación dos traballos  realizouse na entrada do colexio, xusto diante do mural elaborado con todas as mensaxes. Todo isto en pequenos textos pero de gran significado, sendo a máis aplaudida a da aula de sexto curso de primaria, polos importantes valores que representaba.