domingo, 31 de enero de 2016

Viaxando


VIAXE    A     COSTA    RICA

                 

   







                                
               

O primeiro día collemos un avión …   


Esperade! Eu chámome Javier, teño 10 anos e vou en 5º de primaria; agora si!
Vouvos falar da viaxe que fixen no nadal do  2015.
Esta viaxe deixoume un gran recordo e creo que nunca se me esquecerá.


1º  Día

O primeiro día collemos un avión desde Vigo ata Madrid. Foron como uns 50 minutos.
Ao chegar ao aeroporto de Madrid collemos un autobús que nos levou ata o hotel.    
Ao chegar ao hotel descansamos un pouco e despois fomos pasear por Madrid.


2º Día

O segundo día pola mañá collemos o mesmo autobús e levounos ao aeroporto de Madrid (Barajas).
Ao chegar ao aeroporto pasamos todos os controis e logo metémonos nun avión xigante con tele, manta, almofada, comida...
Despois de 10 horas, cando chegamos ao aeroporto de Miami, collemos outro avion a San José que duraba 3 horas.








Ao chegar a San José fomos a un hotel chamado COCOON.






3º Día

O terceiro día, ao rematar o almorzo, fomos ata a estación de autobuses para coller un tícket que nos levara ata Tortuguero. Para iso collemos 2 autobuses e unha lancha. No segundo autobús a revisora falounos das froitas, verduras e gando que  hai en Costa Rica.  


Na Pavona collemos unha lancha que é o único acceso..., perdón! Tamén podes chegar en avioneta.




A viaxe foi alucinante e preciosa. Ao chegar a Tortuguero collemos un hotel ao lado da praia, instalámonos, e logo veu un home que nos preguntou as actividades que queriamos facer ao día seguinte.


Día





Pola mañá, un guía levounos ata o embarcadoiro e alí collemos unha canoa e  fómonos polo río, nela vimos moitos animais, por exemplo, caimáns, monos, iguanas, paxaros...  




Despois almorzamos e  cambiámonos de roupa  para ir ao parque natural de Tortuguero.

Despois fomos a cear e fixen grandes amigos. Pola noite  recollemos todas as cousas para ao día seguinte marchar.
Deitabámonos ás 18:00 h  e levantabámonos ás 04:00 h da mañá.


5º Día


 Pola mañá, despois de almorzar, collemos unha lancha de Tortuguero a Cahuita que duraba tres horas, foi alucinante! A metade de camiño, paramos nun bar a tomar café.  No primeiro tramo da lancha vimos un crocodilo, foi impresionante!
Ao chegar ao embarcadoiro collemos un taxi que nos levou ata o noso hotel de Cahuita (Caribe).

No hotel, deixamos as cousas e marchamos ata a praia .
Cando nos estabamos metendo na cama, a señora do hotel chamounos porque fóra había uns perezosos camiñando por un tendido eléctrico.





6º Día



O sexto día fomos ao parque natural de Cahuita, no parque vimos unha morea de animais.


Cando paramos a descansar, bañámonos no mar Caribe e aproveitamos para comer; cando estabamos falando vin que un mono nos quería roubar a mochila, quedamos atontados e coa boca aberta.






Despois dun anaco de camiño fomos a outra praia. Eu púxenme a nadar a crol e unha ola desvioume, e coa punta da póla dunha árbore caida fíxenme unha ferida na cabeza Despois  fomos cear e logo para a cama.


7º Día

O sétimo día foi o máis aburrido de todos porque de 07:00 a 17:00 horas estivemos nun autobús. Fomos dende Cahuita a La Fortuna. 




Cando chegamos a La Fortuna fomos ata unha  axencia onde nos dixeron os turs e hoteis que había.

Ao final collemos un chamado “Cabinas el Búho”. Como xa era moi tarde fomos cear, ceamos unha pizza e logo fomos durmir. 



8º  Día

O oitavo día collemos un autobús que nos levou ata o parque natural de La Fortuna. No parque o que máis me gustou foi ver a típica raniña de Costa Rica, a rana arbórea calzonuda e o colibrí. 


Despois do parque, fomos a unhas augas termais naturáis e despois collemos un autobús que nos levou ata Monteverde e alí collemos un hotel chamado Mi Casa Tica.
Ceamos nun bar no que estaba a comida moi rica e era moi acolledor.




9º Día

Ás  07:00 da mañá un autobús recolleunos e levounos ata unhas tirolinas, foron alucinantes, había caída libre, tirolinas de quilómetro e medio...           

                                            













Ao chegar ao pobo collemos un taxi que nos levou ata o parque natural de Curi Cancha, alí vimos o quetzal, as guatusas, os colibrís...







Ao rematar collemos outro autobús que levounos ata o hotel.


10º Día

O décimo día collemos un autobús a Puntarenas e  de Puntarenas a Jacó, en Jacó collemos un hotel con piscina e vistas ao Pacífico.
Alí fixen moitos amigos e pola noite, na piscina, xogabamos ao voleibol.
O hotel tiña cociña e alí comiamos ...
















11ºDía

Pola mañá fomos á praia, no Pacífico. Alí, xogamos coas olas e coa area. A auga estaba saladísima e quente.
Logo fomos tomar un batido de laranxa.



Cando chegamos ao hotel, comemos uns espaguetis e bañámonos na piscina.
Nese hotel había moitas iguanas e basiliscos e eu perseguíaos e xogaba con eles.


12º Día

Pola mañá collemos un autobús que nos levou ata o aeroporto.
No aeroporto collemos un avión que nos levou ata Miami, e alí collemos outro avión que nos levou ata Madrid.












O día foi moi movido e longo e  nós acabamos moi cansos.