viernes, 29 de mayo de 2020

Efemérides 29 de maio

Falecemento de Juan Ramón Jiménez

Tal día coma hoxe do ano 1958, morre en Porto Rico o poeta español Juan Ramón Jiménez Mantencón. Dous anos antes, en 1956, a Academia Sueca outorgáralle o Premio Nóbel de Literatura. Unha das súas obras máis coñecidas é Platero y yo.
Platero y yo é unha das súas obras máis coñecidas
                                                                                                                             Selección de Martín

Atentado de Vich


Tal día coma hoxe cúmprense 29 anos dende que en Vich (Barcelona) o grupo terrorista ETA cometera o atentado contra o cuartel da garda civil, provocando 10 mortos e 24 feridos.
                               Selección de Miguel








Coronación do Everest



O monte Everest, o teito do mundo cos seus 8848 metros, quedou coroado cando, tal día coma hoxe o neozelandés Edmund Hillary e o nepalí Tenzing Norgay, plantan catro bandeiras na súa parte superior.
A noticia da proeza dá a volta ao mundo e chega a Londres a tempo de ser publicada o 2 de xuño, o mesmo día da coroación da Raíña Isabel II de Inglaterra. Ese mesmo ano, a raíña nomeará cabaleiro do Imperio Británico a un feliz Edmund Hillary.
                                                                                                                                  Selección de Saúl

miércoles, 27 de mayo de 2020

Efeméride 27 de maio

Nacemento Rachel Carson 

O 27 de maio de 1907 nace en Estados Unidos Rachel Carson, unha bióloga marina, zoóloga, ambientalista e editora estadounidense que, a través do seu libro Silent Spring, (Primavera silenciosa), alertará dos efectos nocivos que tiñan os pesticidas sobre o medio ambiente en 1962. A partir do seu libro queda prohibido o uso do DDT, e os fundamentos da conciencia ambiental moderna xurdirán con forza.
                                                                                                                Selección de Saúl

Felicitación de Cumpleaños de Tomás


martes, 26 de mayo de 2020

Efemerides do 26 de maio

Nomeamento de Napoleón como rei de Italia 




Tal día coma hoxe de 1805, na catedral de Milán, Napoleón Bonaparte asume o título de rei de Italia, e é coroado coa coroa de ferro de Lombardía.



         




Selección efeméride de Martín






Operación Dinamo

O 26 de maio de 1940 comeza a Operación Dinamo, tamén coñecida como Operación Dunkerque. Foi unha operación de evacuación para as tropas aliadas no territorio francés (despois de que Francia fose derrotada polo exército alemán) durante a Segunda Guerra Mundial. Hoxe cúmprense 80 anos daquela operación que foi deseñada para salvar soldados ingleses, franceses e belgas e que se prolongou ata o 4 de xuño.







No ano 2017, Christopher Nolan, dirixiu unha película, titulada Dunkerque, basada neste capítulo da Segunda Guerra Mundial.

Selección de Saúl e Miguel

lunes, 25 de mayo de 2020

Efemérides 25 de maio

Bombardeo do 25 de maio

Tal día coma hoxe de 1938, no marco da Guerra Civil Española, no mercado central de Alacante, os avións fascistas de Francisco Franco, realizan o peor bombardeo contra a poboación civil; morren 313 homes, mulleres e nenos.


Efeméride recollida por Martín

Fazaña do Everest


O 25 de maio do ano 2001, no monte Everest, os estadounidenses Erik Weihenmayer (32 anos) e Sherman Bull (64 anos) convértense, respectivamente, na primeira persoa cega e a persoa con máis idade en escalar o Everest.
                                                                                     Efeméride recollida por Saúl







Programa Apolo

Tal día coma hoxe, fanse 59 anos dende que nos Estados Unidos, o presidente John F. Kennedy anuncia, despois dunha sesión especial do congreso que o seu goberno está preparado para comezar o proxecto que levará ao ser humano á Lúa antes do final da década (Programa Apolo).
                                                               Efeméride recollida por Miguel

sábado, 23 de mayo de 2020

Efeméride do día

Morte de Giovani Falconi

O 23 de maio de 1992 asasinan ao xuíz italiano antimafia Giovani Falconi xunto coa súa esposa e tres gardaespaldas nunha explosión, cando ían no coche. O atentado foi obra dunha das catro mafias italianas, a Cosa Nostra.
                                                                                         Selección de Pablo Matías.

viernes, 22 de mayo de 2020

Celebrando o día de


Día Internacional da Diversidade Biolóxica

O 22 de maio conmemórase o Día Internacional da Diversidade Biolóxica por decisión da Asamblea Xeneral das Nacións Unidas do 20 de decembro do 2000. Este día foi creado para “informar e concienciar á poboación e aos Estados sobre as cuestións relativas a Biodiversidade”.
                                                                         Recollida por Asier

Efemérides 22 de maio

Voda real

Tal día coma hoxe produciuse a voda real entre o entón príncipe Felipe de Borbón e Letizia Ortiz. Celebrouse na catedral da Almudena de Madrid o 22 de maio de 2004 ante máis de 1200 invitados. Ao acontecemento asistiron representantes de 12 casas reais reinantes e outros 12 pertencentes a casas reais non reinantes.
S                                                                                            Recollida por Martín e Pablo M


Nacemento de Arthur Conan Doyle

O 22 de maio de 1859 nace Arthur Conan Doyle, foi un médico e escritor escocés creador de Sherlock Holmes, un  dos máis coñecidos personaxes de ficción e prototipo dos modernos detectives.
                                           Recollida por Saúl


Pacto de Aceiro

Tal día como hoxe fánse 81 anos dende que Alemania e Italia firmaron o Pacto de Aceiro que dicía que entre eles non loitarían senón que se axudarían.
                                                                                                Recollida por Miguel

Terremoto preto de Xining

Hai 93 anos, o 22 de maio de 1927,  prodúxose cerca Xining, na parte oriental da provincia de Qinghai, un terremoto de 8,6 graos na escala de Richter. Foi un dos terremotos más mortíferos rexistrados, cun reconto total de 200.000 víctimas mortais.
roce entre as placas tectónicas india e asiática é a orixe xeofísica desta catástrofe. Ademais, a precariedade das construccións fai que os terremotos neste país sexan especialmente tráxicos pois  moitas veces están feitas  polos propios cidadáns con madeira ou bambú.                                                                                                                                                          Recollida por Olivier

Terremoto en Chile

O 22 de maio do 1960, o maior terremoto do século XX, que superou os nove grados na escala de Richter e tivo réplicas de menor intensidade durante cinco días, sacudiu o sur de Chile e causou entre 5.000 e 6.000 mortos e un tsunami que provocou 61 mortos en Hawai e outros 32 en Filipinas. Recollida por Asier





jueves, 21 de mayo de 2020

Celebrando o día de


O Día Europeo da Rede Natura 2000

O 21 de maio celébrase o Día Europeo da Rede Natura 2000, unha celebración coa que se quere dar a coñecer e que se recoñeza o valor desta gran rede de espazos protexidos presente en tódolos países da Unión Europea.
              Noticia recollida por Asier


Seleccionando efemérides

Nacemento de Filipe II

Tal día coma hoxe do ano 1927 nace Filipe II rei de España,  Portugal,  Nápoles, Sicilia, e Sardeña, Rei de Inglaterra e Irlanda (polo seu matrimonio coa raíña dese país, María I), duque de Milán, soberano dos Países Baixos e duque de Borgoña.
                                                                                          Selección efeméride, Martín

Primeiro voo trasatlántico en solitario

Tal día coma hoxe, 93 anos atrás, (21 de maio de 1927), Charles Lindbergh aterrou en París, despois de realizar o primeiro voo trasatlántico en solitario e sen escalas dende Nova York.



Este piloto norteamericano de 25 anos de idade, fixo descender o Spirit of St. Louis no aeroporto de Le Bourget. O voo durou algo máis de 33 horas.
O avión carecía de freos e a vista dianteira era moi precaria.
                                                                                                   Selección efeméride, Olivier



miércoles, 20 de mayo de 2020

Efemérides do día

Creación campo concentración de Auschwitz

O 20 de maio de 1940, a Alemania nazi pon en funcionamento o campo de concentración ou campo de exterminio de Auschwitz. O 27 de xaneiro de 1945 deixou de funcionar grazas á liberación dos prisioneiros por parte do exército vermello da Unión Soviética. Foi nomeado patrimonio da Humanidade en 1979.
                                                                Efeméride recollida por Saúl

Menorca

Hoxe, 20 de maio de 2020, fanse 264 anos dende que os exércitos de Francia e Inglaterra comezaron un combate naval pola illa de Menorca. Foi o exército francés o que acadou a vitoria poucos días despois.
                                                             Efeméride recollida por Miguel

Referendo Quebec 1980

O 20 de maio de 1980 en Quebec (Canadá) ten lugar un referendo para decidir a separación de Canadá. O 60% oponse á independencia. Os independentistas obtiveron o 40,5% dus sufraxios.
En 1995 volveuse a repetir a votación e, nesta ocasión, os independentistas quedaron a menos do 1%, xa que obtiveron o 49,6% dos votos.  
                                                                                                      Efeméride recollida por  Olivier     


                      

martes, 19 de mayo de 2020

Efemérides do día

Lanzamento da sonda Mars 2

Tal día coma hoxe do ano 1971, a Unión Soviética lanzou a sonda Mars 2 a Marte. O 27 de novembro chega á órbita do planeta vermello producíndose un fallo mecánico ao entrar en contacto coa atmosfera e cae no chan de Marte. Grazas a este fallo prodúcese a primeira "aterraxe" en Marte.
Efeméride recollida por Saúl

   Dirty Harry

O 19 de maio do ano 1953 no sitio de proba de Nevada, Estados Unidos detona a bomba atómica Harry, de 32 quilotones. A bomba chamouse " Harry el sucio", porque depositou moito material radioactivo na zona da localidade de St. George (Utah), a 220 km. A poboación informou dun "estraño sabor metálico no aire". Tres anos despois, neste mesmo sitio filmouse a película El Conquistador de Mongolia, producida por Howard Hughes e protagonizada por John Wayne e Susan Hayward. Nos anos seguintes, unha alta porcentaxe do equipo morreu por diferentes tipos de cancro.
                                              Efeméride recollida por Asier


Desfile da Vitoria

O desfile da Vitoria de Madrid de 1939 foi unha exhibición militar organizada na capital de España polo goberno do xeneral Franco o 19 de maio de 1939 para celebrar o triunfo obtido na recentemente terminada guerra civil.
Tras a morte de Franco, o desfile de 1976 pasou a celebrarse o 30 de maio, pero ao ano seguinte, produciuse finalmente o cambio de denominación do desfile, pasando a chamarse no seu lugar Desfile do «Día das Forzas Armadas».​ Durante moitos anos, celebrouse anualmente o desfile militar, herdanza do da Vitoria, a finais de maio. Durante uns anos a celebración do desfile foi cambiando de localización entre as distintas Capitanías Xerais que había entón. Finalmente, o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, decidiu cambiar a forma de celebrar o Día das Forzas Armadas, por unha serie de celebracións cívico-militares para a promoción das Forzas Armadas             
                                                                      Efeméride recollida por Martín

Nacemento de Marshmello




O 19 de maio de 1992 nace Marshmello. É un DJ estadounidense moi coñecido por como toca nos concertos.
Texto e imaxes, Saúl

A noticia do día

Inauguración da nova aula virtual

Hoxe, na videoconferencia, a nosa orientadora Raquel inaugurou a nova e mellorada aula virtual en presenza de toda a clase.
Redacción, Martín

lunes, 18 de mayo de 2020

Día Internacional dos Museos

Museos pola igualdade, diversidade e inclusión

Hoxe celébrase o Día dos Museos, e o tema deste ano era "Museos pola igualdade, diversidade e inclusión".  A celebración cancelouse porque todos os museos están pechados por culpa de quen xa sabemos todos.
Texto, Paula
                           

Seleccionando efemérides

Apolo10



Tal día coma hoxe do ano 1969, dende as instalacións de Cabo Cañaveral (Florida), - no marco do Programa Apolo- despega a misión tripulada Apolo 10, sendo a segunda misión tripulada en orbitar a lúa.

Texto e imaxe, Martín









Cometa Halley

Un día coma hoxe, 110 anos atrás, o cometa Halley pasou moi cerca do noso planeta. A última vez que nos visitou foi no ano 1986 e a súa próxima aparición está prevista para o ano 2061. 
Texto, Miguel


Nacemento de Bertrand Russell




No ano 1872, nace Bertrand Russell en Trellech, Gales. Foi un matemático, pacifista e escritor británico, Premio Nçobel de Literatura en 1950 polo seu pensamento e ideais humanitarios.
Texto e imaxe, Saúl



domingo, 17 de mayo de 2020

Día das Letras Galegas

Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero


O presidente da Real Academia Galega durante a súa intervención na ofrenda floral
A academia celebrou o Dia das Letras Galegas cun acto que consistiu nunha sinxela ofrenda floral ao pé da casa na que viviu Carvalho Calero en Santiago de Compostela.
O estado de alarma declarado pola pandemia do coronavirus obrigou a adiar ata o 31 de outubro (cando se cumpren 110 anos do nacemento do escritor) o pleno extraordinario da RAG do 17 de maio.  
Os participantes no acto ao pé da casa de Carvalho Calero, na rúa Carreira do Conde
Fonte da noticia: RAG




viernes, 15 de mayo de 2020

Celebrando o día de

Día Internacional da familia
O 20 de setembro de 1993, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 47/237, decide que o 15 de maio de cada ano, se celebre O Día Internacional da Familia.
Texto e imaxe, Asier                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

jueves, 14 de mayo de 2020

Seleccionando efemérides

Capitán Trueno

O 14 de maio de 1956 empezaron a publicarse os famosos cómics de "Capitán Trueno", creados por Víctor Mora, falecido en 2016 con 85 anos de idade. Hoxe, o Capitán Trueno está orfo.
                                                                                                                                Texto e imaxe, Tomás

Lanzamento da Skylab



Tal día coma hoxe do ano 1973, en Cabo Cañaveral (Estados Unidos), a NASA lanza a Skylab, a primeira estación espacial estadounidense, impulsada polo cohete Saturno V.
Texto e imaxes, Martín


miércoles, 13 de mayo de 2020

Seleccionando efemérides

Gallarza e Loriga

O 13 de maio de 1926 os aviadores españois Gallarza e Loriga chegan a Manila dende Madrid, despois de 20 xornadas de voo e tras percorrer 19.000 quilómetros.
Texto e imaxe, Asier


Polos pelos!

O 13 de maio de 1981, na praza de San Pedro da Cidade do Vaticano, Mehmet Ali Ağca disparou contra o Papa, Juan Pablo II, catro veces mentres este entraba na praza, e deixouno gravemente ferido. Posteriormente o Papa recuperouse e perdoou a Mehmet.       Texto e imaxe, Saúl e Pablo Matías
Instantánea do Papa falando co Mehmet

Creación oficial da Garda Civil

emblema

1844: En España, a Reina Isabel II firma o Real Decreto do 13 de maio da fundación da Garda Civil. Creouse para que houbera  orde e para facer que respetemos as regras, e se non as cumplimos, castígannos.
                                                              Texto e imaxe, Tomás