viernes, 10 de marzo de 2017

Polis en acción


O meu camiño, o meu futuro

Poucos días antes do entroido, os de quinto e sexto tivemos unha charla sobre o alcohol e o perigo nas redes sociais. A verdade é que pensabamos que non ían a contarnos nada novo, e aínda que nos dixeron cousas que xa sabiamos, a charla axudounos a reflexionar sobre elas. A medida que crecemos estamos construíndo o noso futuro, é importante que saibamos as cousas que nos poden pasar para previlas.

Explicáronnos que chegaremos a unha idade na que a maior parte dos nosos amigos beban, vaian a festas e cousas así. Pero se ti non fas ese tipo de cousas (que é o mellor para ti) non significa que sexas o raro ou o "friki". Se che pasa iso o que tes que facer é buscar amigos novos, xente que te entenda e cousas así.
Ao fin e ao cabo estas cousas empezan á nosa idade.

Laura e Sara 



NON SON O RARO!

Algunha vez te preguntaches o camiño do alcohol e das drogas?
Sabes o que hai detrás do ordenador?
Pois nós, ata aquel día tampouco nos fixeramos aquelas preguntas.
Era un día normal, un almorzo coma o de sempre e un longo plan madruga. Cando chegamos a clase a profe dixo:
Collede as cadeiras que imos á biblioteca. Hoxe temos a charla coa policía.
Ela puxo esa cara que pon cando quere que escoitemos para logo facer un texto, e eu, puxen esa cara de nugalla de cando non quero facer un texto.
Despois dunhas palabriñas da profesora "para crear ambiente" empezaron coa presentación que nos tiñan preparada.
Primeiro  faláronnos do alcohol e das drogas, de que empezas por sentirte discriminado do grupo e rematas no cárcere ou no ataúde. 
Cada cousa que dicían era máis rara, asquerosa ou perigosa ca  a anterior.
Logo  faláronnos dos perigos das redes sociais, para min foi a máis interesante e perigosa xa que nos afecta máis, todos os problemas que tiñan os nenos eran para chorar, e penso que o traballo dos policías non é moi agradable.
Eu aprendín moito e creo que o máis importante é saber que si os demais fan as cousas mal e ti non, ti non es o raro!


Javier  6º