jueves, 30 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

              Suicidio de Adolf Hitler

Sucedeu o día 30 de abril de 1945, Adolf Hitler, un dictador alemán que provocara ducias de millóns de mortes, e que pensaba que os alemáns eran os máis poderosos de todos. Quería invadir todos os países pero, un día, cando xa estaba perdendo e o ían a pillar, suicidouse.
Texto e imaxes, Tomás e Pablo Matías




George Washintong, primeiro presidente

Tal día coma hoxe de 1789, George Washintong, que fora comandante xefe do Exército Continental  Revolucionario na Guerra de Independencia, converteuse no primeiro presidente de Estados Unidos.Estivo na presidencia ata 1797.

Texto e imaxe, Paula





Aparición de Bugs Bunny 

A aparición de Happy Rabbit, o prototipo de Bugs Bunny produciuse por primeira vez un 30 de abril de 1938. Dende entón revolucionou a pantalla e o mundo do entretemento. Non foi unicamente un personaxe de animación, senón todo un emblema estadounidense trala Segunda Guerra Mundial.
                                                                                                                     Texto e imaxe, Asier e Aixa






miércoles, 29 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

Liberación do campo de concentración de Dachau

O 29 de abril de 1945, tropas norteamericanas liberan este campo de concentración. Foi o primeiro campo de exterminio inaugurado en 1933 polo réxime nazi.
                                                                                                             Texto e imaxe, Saúl


martes, 28 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

Día Mundial da Seguridade e da Saúde no Traballo

Cartel da campaña do 2020 

Dende o ano 2003, o 28 de abril, celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Seguridade e da Saúde  no Traballo, proclamado pola  organización Internacional do Traballo, (OIT). A celebración consiste nunha campaña anual para promover o traballo seguro, saudable e digno. Tamén se rinde homenaxe ás vítimas dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Este ano a campaña céntrase en abordar o brote do coronavirus o COVID-19 no traballo e ampliándoo ás enfermidades infecciosas en xeneral.

Olivier





Nacemento de Oskar Schindler

O 28 de abril de 1908 nace Oskar Schindler, empresario alemán de orixe checa, que logrou salvar a 1200 xudeos do exterminio nazi.
                                                                                                                Texto e imaxe, Saúl


lunes, 27 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

O primeiro rato para ordenador

O 27 de abril de 1981 lanzouse ao mercado a primeira computadora con rato incluido: Xerox Star 8010, o que supuxo unha auténtica revolución. Aínda que o inventor non foi Apple, a popularidade do rato comezou realmente cando Steve Jobs se interesou por el e comezou a comercializalo cos seus ordenadores.
                                                                                                                                                     Joaquín

Morte  de Fernando Magallanes


Tal día coma hoxe de 1521, o almirante Fernando de Magallanes é asasinado polos indíxenas Lapu-Lapu, en Mactan, nunha das praias das illas Filipinas. O navegante morre durante o ataque dos nativos, tras desembarcar na praia mentres completaba a primeira volta ao mundo.
                                 Martín



domingo, 26 de abril de 2020

Efeméride do día

Bombardeo de Guernika


O bombardeo de Guernika, realizado o 26 de abril de 1937, foi un ataque aéreo á vila vasca de Guernika, durante a Guerra Civil Española. O ataque, realizado por avións alemáns e italianos, causou gran cantidade de vítimas civís e destruíu boa parte da vila.

O ataque destruíu boa parte da vila
Texto e imaxes, Martín

sábado, 25 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

Publicación da primeira novela inglesa
Robinson Crusoe é unha das obras máis famosas do célebre escritor inglés Daniel Defoe. Foi publicada o 25 de abril de 1719.     
                                                                         Texto Pablo Matías


Desastre en Aznalcóllar


Tal día coma hoxe do ano 1998, na localidade de Alnazcóllar (Sevilla), produciuse a rotura dunha balsa de residuos mineiros, provocando a contaminación de acuíferos e entornos naturais no Parque Natural e Nacional de Doñana.
                                                                                   Texto Martín






viernes, 24 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

Día Internacional da meninxite

Celébrase o 24 de abril de cada ano. Trátase dunha infección bacteriana grave das membranas que rodean ao cerebro e á médula espiñal.
Pablo Matías


Lanzamento de Google Drive

Tal día coma hoxe en 2012, a empresa estadounidense Google  lanzou Google Drive, que permite aos usuarios almacenar ficheiros nos seus servidores, sincronizar ficheiros en dispositivos e compartir ficheiro.
 Martín           



         Atopan o primeiro planeta habitable similar á Terra



Un día coma hoxe de hai 13 anos, descubriuse o primeiro exoplaneta similar á Terra, na zona habitable da súa estrela, Gliese 581. Ten unha masa 5 veces superior á da Terra, a súa temperatura oscila entre 0º e 40ºC, e os astrónomos afirmaron que cumplía todos os requisitos para albergar vida. Completa a súa órbita en 13 días.

Olivier
Gliese 581 atópase a 20,5 anos luz da Terra. É unha das 100 estrelas máis cercanas a nós.



Un, dous, tres... responda outra vez!

Tal día coma hoxe do ano 1972, nace o programa de entretemento español "Un, dous, tres". Foi un programa e concurso de televisión creado por Narciso Ibáñez Serrador, máis coñecido como Chicho Ibáñez Serrador e emitiuse durante 10 temporadas.
Paula


Sempre foi emitido en TVE. Hoxe está considerado como un dos clásicos da cadea.


jueves, 23 de abril de 2020

Seleccionando efemérides


Hoxe celébrase O Día Internacional do Libro co motivo da efeméride de tres grandes escritores que coinciden o 23 de abril.
Un día coma hoxe do ano 1616, foi enterrado Miguel de Cervantes Saavedra, cando tiña 68 anos de idade, no Convento das Trinitarias Descalzas de Madrid. 
Esta data coincide tamén coa data da morte de William Shakespeare.

Lectura Sistema Braille 

                          




En 1925, edítase a primeira edición do Quixote en Sistema Braille.






   Textos e imaxes Olivier e Aixa



Primeiro vídeo en Youtube

O 23 de abril de 2005 publícase o primeiro vídeo de Youtube, unha páxina web ou aplicación moi famosa.
O seu primeiro vídeo titulouse "Me at the zoo", "Eu no zoo", e estaba protagonizado por un dos seus creadores.
                                                                              Texto e imaxe, Tomás

A primeira pedra do Escorial




A pedra fundacional que deu comezo ás obras do Escorial colocouse o 23 de abril de 1563, hai 457 anos, nun acto discreto que non contou coa presenza do rei Felipe II.

Texto e imaxe, Pablo Matías


      España declara a guerra aos Estados Unidos







O 23 de abril de 1898, España declara a guerra aos Estados Unidos, despois de rechazar o seu ultimato para retirarse de Cuba.


                                                               

                   Construcción do metro de Madrid


O 23 de abril de 1917 inícianse as obras da construcción do metro de Madrid
Textos e imaxes, Aixa
                                                                               

miércoles, 22 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

Día Mundial da Terra


Hoxe cúmprese o 50 aniversario da instauración do Día Mundial da Terra. O 22 de abril de 1970, o senador estadounidense Gaylord Nelson instaurou este día para crear unha conciencia común para protexer a Terra dos problemas de contaminación, sobrepoblación, conservación da biodiversidade, etc. 
                                                                           Texto de Joaquín,  imaxe de Olivier 



Morte de Cervantes





Tal día coma hoxe do ano 1616 falece Miguel de Cervantes, un novelista, dramaturgo, poeta e soldado español. A súa obra máis coñecida é O Quixote, que foi traducida a máis de 140 idiomas.


Texto de Martín e Pablo Matías, imaxes de Martín






martes, 21 de abril de 2020

Seleccionando efemérides


Día Mundial da Creatividade

O 21 de abril de 2018 celebrouse de forma oficial o primeiro Día Mundial da Creatividade e a Innovación (DMCI). Nace co obxecto de promover o pensamento creativo multidisciplinar que nos poida axudar a conseguir o futuro sostible que queremos.


Hoxe fai 94 anos 


O día 21 de abril de 1926 naceu a raíña Isabel lI, actualmente raíña do Reino Unido. Naceu en Londres, no barrio de Maifer, como filla maior dos duques de York. Foi educada na súa casa con preceptores privados. É unha das raíñas máis lonxevas do mundo.

Texto e imaxes, Martín e Pablo Matías
     




Tal día coma hoxe, o 21 de abril de 1816, nace Charlotte Brontë, escritora británica famosa polas súas novelas. Algunhas delas son: The professor, Poemas de Currer Bel e Jane Eyre. Charlotte Brontë tiña varias irmás, pero as dúas máis famosas son ela e Emily Brontë.
Texto, Paula






Minisat 01
O Minisat 01 é un satélite que foi lanzado o 21 de abril de 1997 dende a base aérea de Gando, en Gran Canaria, cun cohete Pegasus XL. A súa vida operativa estaba prevista en dous anos, pero finalmente extendeuse ata dous anos máis.
                                                                                                                                        Texto Adriana
    
Sufraxio feminino en Francia

En 1944, tal día coma hoxe, as mulleres francesas obteñen o dereito ao voto, podendo ser electoras e elexibles nas mesmas condicións que os homes.
                                                                                                   Texto, Joaquín










Tal día coma hoxe, hay 15 anos, o Congreso dos diputados aprobou por primeira vez o proxecto de lei para a  legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo.
                 Texto e imaxe, Olivier


  




En 1989, Nintendo lanza en Xapón a videoconsola portátil Game Boy. Esta consola é agora moi valiosa porque deixaron de fabricarse hai moitos anos e case non quedan exemplares. 

Texto e imaxe, Tomás


lunes, 20 de abril de 2020

Seleccionando efemérides




En 1912 morre en Londres Bram Stoker, escritor célebre pola súa novela de terror "Drácula",  tal vez a máis coñecida da "literatura gótica".  



                                                    Texto e imaxes, Hugo e Aixa



Joan Miró, un famoso pintor e escultor español, nace o día 20 de abril de 1893. 



Texto e imaxe, Tomás
Constelaciones en el amor de una mujer
                                         


En 1902, o matrimonio formado por Marie e Pierre Curie, no seu laboratorio de París, consigue illar o cloruro de radio. Esta substancia, altamente radioactiva é moi importante en medicina ao ser usada para producir radón, usado en tratamentos de radioterapia contra o cancro.    



Texto Joaquín


Tal día coma hoxe do 2004, fai 16 anos, Estados Unidos (USA) lanza o sátelite artificial Gravity Probe B.

Texto e imaxe Martín







En 1871 en Estados Unidos apróbase a Lei de Dereitos Civis que,entre outras cousas, declara suprimida a organización secreta e xenofóbica Ku Klux Klan.
Texto e imaxe Hugo

domingo, 19 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

En 1882, tal día coma hoxe, morre Charles Darwin, pai da teoría da evolución.

Texto e imaxe, Martín
Charles Darwin, naturalista inglés (1809-1882)


En 1824 morre George Gordon Byron, coñecido como lord Byron. Foi un dos maiores poetas en lingua inglesa. Debido á súa personalidade, o seu talento poético, atractivo físico e vida de escándalos foi unha celebridade da súa época.

Texto Saúl
                             
Lord Byron, poeta inglés (1788-1824)



O 19 de abril de 1943, cando Alemaña decidiu dar comenzo á deportación masiva de xudeos cara os campos de exterminio de Majdek e Treblinca, iniciouse o levantamento dos xudeos do gueto de Varsovia contra as tropas alemás.

Texto e imaxe, Pablo Matías 

Levantamento do gueto de Varsovia contra as tropas alemás

O  18 de abril de 1956 a estrela de cine Grace Kelly  casa co Príncipe Rainiero de Mónaco na Sala do Trono do Palacio de Mónaco. Celebráronse  dúas cerimonias para o  mesmo evento, unha civil e ao día seguinte a cerimonia eclesiástica na Catedral San Nicolás de Mónaco. Os príncipes estiveron casados 26 años ata a morte de Grace Kelly nun accidente de tráfico.
Texto e imaxe, Olivier

Casamento Grace Kelly e Rainiero de Mónaco

  

19 de abril de 1987  déronse a coñecer por primeira vez en Estados Unidos os Simpsons, que orixinalmente creáronse como unha serie de cortos para The Tracey Ullman Show.
Texto e imaxe Olivier
Familia Simpsons

sábado, 18 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

A primeira feira de abril

Despois da aprobación da Raíña Isabel II, o 18 de abril de 1847 inaugurouse a primeira feria de abril de Sevilla, no Prado de San Sebastián. Asistiron 25.000 visitantes.

Texto e imaxe, Adriana 




Tratado de París (1951)

En 1951, al día coma hoxe, Bélxica, Francia, Alemaña Occidental, Italia, Luxemburgo e Holanda, asinan o Tratado de París, creando así a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro.


Texto e imaxe, Martín









viernes, 17 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

O 17 de abril de 1790 faleceu Benjamín Franklin, que foi un político, polímata e científico estadounidense. Foi o inventor do pararraios.
É considerado un dos Pais Fundadores dos Estados Unidos
Texto e imaxes,  Aixa



Tal día coma hoxe, do ano 1 492,  firmáronse as Capitulacións de Santa Fé entre Cristobal Colón e os Reis Católicos, un documento no que se recollían os acordos aos que chegaron antes de que Colón emprendera a súa viaxe polo mar cara occidente,
Texto e imaxe de Martín e Pablo Santiago




A Federación Mundial da Hemofilia (FMH) empezou a conmemorar o Día Mundial da Hemofilia en 1989. Elixiuse  o 17 de abril como data oficial en honor ao  seu fundador, Frank Schnabel, que naceu ese día.
A hemofilia é un trastorno da coagulación de por vida que impide que o sangue coagule correctamente.
Texto e imaxe Saúl e Aixa

En 1964, Jerrie Mock converteuse na primeira muller en dar a volta ao mundo polo aire. A viaxe durou 29 días, fixo 21 paradas e recorreu case 28 900 km.
Texto e imaxe, Joaquín e Olivier


O 17 de abril era o dia que estaba planificado que chegara o Titanic a Nueva York pero... Todos sabemos a historia verdadeira do Titanic.   

Texto de Tomás 



O día 17 de abril de 1975 acabou unha das guerras máis sanguentas da historia, a Guerra Civil de Camboya. Foi un conflito armado que se produxo entre 1967 e 1975, durante a Guerra de Vietnam.
Texto de Pablo Matías