viernes, 19 de junio de 2020

A noticia do curso 2019/20

Graduación do alumnado de 6º de EP

Hoxe, 19 de xuño, nós, as nenas e nenos de sexto de Educación Primaria, rematamos a nosa etapa de primaria que comezou no curso 2019/20 e iniciamos unha nova: Educación Secundaria Obrigatoria.
                               
PARABÉNS A TOD@S
                                                                                                                  Redacción de Martín


E ao remate da etapa, e despois de coñecer algo sobre a vida de Van Gogh, deixastes aquí os vosos soños, proxectos e metas. Aí quedan, mesturados, sen escribir o nome do seu autor ou autora, abonda con que cada un saiba do seu texto e se recoñeza nel. En calquera caso, lanzamos a pregunta

Quen é quen? De quen é?

Ser policía nacional

Todos temos soños e metas que nos gustaría cumprir na nosa vida.

Van Gogh é  un pintor moi coñecido na actualidade; mentres estivo vivo non conseguiu triunfar, só vendeu tres cadros na súa vida. Despois da súa morte, a súa cuñada fixo exposición das súas obras e promocionounas, e foi cando o converteu nun pintor famoso.  Isto foi posible grazas á  perseveranza de Van Gogh, que nunca se rendeu e seguiu pintando, deixando unha obra pictórica moi extensa.

Eu tamén teño metas para o meu futuro, gustaríame ser Policía Nacional. Sei que non vai ser doado, primeiro teño que cumprir cos requisitos necesarios para poder presentarme, e despois, teño que prepararme moi ben para poder aprobar as probas escritas e as físicas.

Para conseguilo debo ser como Van Gogh, perseverante e non renderme ante as dificultades.


Ser feliz

Eu, a verdade, neste momento, non teño moi claro o que quero ser de maior. Cando era máis  pequeno sempre dicía que quería ser “melitar” coma o meu pai. Despois, a medida que fun medrando, fun cambiando de idea pasando por policía, bombeiro...

Agora, con esta pandemia que nos tocou vivir, tiven moito tempo para pensar e quizais me gustaría  dedicarme a algunha profesión coa que poida axudar, colaborar, etc coas necesidades das demais persoas. Pero algo que teño claro é que, ante todo, cando sexa maior quero ser “feliz” porque ser adulto implica: andar sempre con présa, ter moitos pensamentos na cabeza, saber tomar moitas decisións...

Para poder conseguir chegar a isto nun futuro quédanme por diante moitas horas de estudo, esforzo e traballo.


Ser actriz

Non teño moi claro o que quero ser cando medre, pero o que me gustaría é ser actriz. O que teño que facer para conseguilo é estudar Arte Dramática ou Bacharelato en Teatro e Actuar nunha universidade ou escola especial de Artes escénicas ou actuar.


Ser Policía Nacional paso a paso

A min  de maior gustaríame ser Policía Nacional.

Segundo me explicaron os meus pais, o que teño que facer para ser policía é o seguinte:

Primeiro: estudar a ESO que vou a empezar o ano que vén.

Segundo: acabar o Bacharelato.

Terceiro: estudar para unha oposición para poder entrar na academia. Alí   pregúntanche as leis de España e tamén che fan unha serie de probas físicas.

Catro: entrar na academia da Policía Nacional que está en Ávila. Na academia hai edificios para estudantes e  un pequeno centro médico, piscina, pista de atletismo, galería de tiro, auditorio, pistas de tenis, museo, comedores etc. Na academia te ensínanche como tes que actuar ante diferentes situacións, disciplina e moitas cousas máis que se necesitan para ser un bo policía.

Cinco: facer un ano de prácticas en calquera sitio de España.

Seis: xurar o cargo.

E xa es policía! E seguro que un dos mellores.


Ser peiteador

Eu quero ser de maior peiteador. Creo que para conseguilo teño que estudar e facer un ciclo de formación profesional e, a parte, facer unha serie de cursos especializados nesta profesión.


 Ser enxeñeiro agrónomo

A min, dende pequeno, sempre me gustou ser agricultor, pero está claro que hoxe en día con iso non se gaña a vida; entón, co paso do tempo e a medida que medraba, fun cambiando de idea e si que quero algo relacionado co campo e coa natureza porque é onde eu desfruto e por isto decidín que o meu futuro está por conseguir ser enxeñeiro agrónomo.

Tamén teño claro que para conseguilo terei que :

  1. Estudar moito

  2. Poñer interese e dedicación

  3. Loitar por conseguilo e nunca renderse


Ser arquitecto

No estoy seguro de lo que quiero ser de mayor pero me gustaría ser arquitecto porque me gusta crear formas originales con estructuras. Para ser arquitecto tendría que estudiar arquitectura y eso son cinco años. Probablemente con el tiempo cambiaré de opinión pero esa es una de las cosas que me gustaría hacer. Mis padres quieren que sea arquitecto para diseñarles la casa de sus sueños.


Escritora, pintora, científica, ecoloxista… Gústame todo!

Eu, a verdade, non sei que quero ser de maior, estou confundida. Antes quería ser, ou escritora, ou pintora, ou científica… Pero agora non sei que quero ser. Aínda me faltan cousas por descubrir, asignaturas por estudar, etc. Penso que aínda é cedo para saber o que quero estudar e do que quero traballar. Gústame debuxar, escribir, e tamén me gusta a ciencia, investigar sobre as cousas que me interesan e preocúpame moito o medio ambiente; pero creo que  esas afeccións son mellores como hobbies. Aínda teño que descubrir o que realmente a mín me enche. :)


Tener aptitud y actitud

No sé a qué voy a dedicarme en el futuro, lógicamente me tiene que gustar. Pero para todos los trabajos se necesita tener una base de estudios, sin ella, no tendré un buen currículum y sin éste no conseguiré el puesto de trabajo que me gustaría.

Todo el trabajo y esfuerzo inicial nos servirá para el futuro y las dos cosas más importantes que tengo claras en la vida son la actitud y la aptitud, que me ayudan a conseguir lo que quiero.


Ser moi moi ... feliz!

De maior quero ser … Téñoo moi claro e moi borroso á vez. Eu sei unha das cousas que quero ser, pero a outra aínda non.

De maior, téñoo clarísimo: quero ser moi moi moi  FELIZ.

Así que, como quero ser feliz, quero tamén encontrar a cousa que me faga feliz.Teño claro que vou facer o que me faga feliz, aínda non sei o que, porque gústanme moitas cousas, pero unha cousa si que sei: que polos números non vou a ir.


Ser cirurxián

Cando sexa maior,  gustaríame ser ciruxán, como o meu avó Miguel.

É unha carreira bastante difícil e moi arriscada, pero para conseguilo teño que aplicarme moito .

A min, dende pequeniño gustábanme as naturais e saber como funciona o corpo humano. Decidín ser cirurxián porque gústame axudar os demais e intentar salvar vidas.

En resumo, ser cirurxián é o meu soño e tamén ter un can, pero iso xa é outro tema.


Ser arquitecto e deseñador de interiores

Eu, cando sexa maior, quero estudar arquitectura e deseño de interiores, polo que quero ser arquitecto e deseñador de interiores.

Para poder dedicarme a esas dúas profesións teño que estudar física, matemáticas e debuxo gráfico no instituto, pero para traballar nesas dúas profesións non só tería que escoller esas materias, senón que terei que facer despois a carreira de arquitectura.

Para prepararme para esa carreira terei que  esforzarme moito estudando, tomando apuntes, facendo todos os traballos por moi difíciles que sexan no prazo que me poñan e, por último,  poñendo en práctica o que estudei e os apuntes que tomei. E para ser deseñador de interiores terei que facer un grado universitario de catro anos.


Ser neurocirurxiá

Aínda non sei o que quero ser cando medre, pero gustaríame ser unha bailarina, psicóloga, militar ou médica.

Gustaríame ser estas catro cousas. Encántame bailar e imitar bailes de xente famosa.Tamén me gustaría ser psicóloga e axudar ás persoas a resolver os seus problemas persoais. Logo tamén ser militar porque podo protexer ás persoas. Por último ser médico, en concreto , ser unha neurocirurxiá. Teño a vantaxe de que non me da medo ver sangue e ningunha parte do corpo. Dáseme moi ben pintar tamén pero eu  véxoo como un hobby, non para dedicarme no futuro.


Ser eu mesmo

Hai moita xente que xa sabe de que quere traballar de maior, pero tamén hai xente que non sabe que quere ser. Eu non estou en ningún dos dous grupos. Eu non sei de que quero traballar, pero si que sei que quero ser. Quero ser eu mesmo.

A que me refiro? Pois refírome a ter un traballo que me guste, ser feliz e vivir. E non o digo no sentido da palabra de ter ben reguladas as constantes vitais, non; dígoo no sentido da palabra de vivir a vida, porque só hai unha, e non hai que desaproveitala.

Algo que te vai acompañar máis da metade da vida, como é un traballo, tenche que gustar, porque senón, vas vivir unha vida, pero non vas vivir a vida.

Por iso quero ser eu mesmo, porque vida só hai unha, e non hai que desaproveitala.


Ser policía nacional

Para Van Gogh no fue fácil dedicarse a pintar debido a sus problemas mentales y además porque sus obras no eran muy bien acogidas.

A mí me gustaría ser policía nacional de mayor; para conseguirlo tengo que acabar la secundaria, presentarme a oposiciones y, si apruebo, ingresaré en una Academia de policía para formarme y, si supero el curso, seré policía nacional y me destinarán a cualquier parte de España.

martes, 16 de junio de 2020

Efemérides do día 16 de xuño

Día do Neno Africano

Hoxe, 16 de xuño, é o Día Internacional do Neno Africano. É unha celebración que se realiza dende o ano 1991.
                   Selección de Pablo Matías


Valentina Tereshkova

Tal día coma hoxe cúmprense 57 anos dende que a oficial do exército soviético, Valentina Tereshkova se convertera, no ano 1963, na primeira muller cosmonauta da historia, ao participar na misión Vostok 6.
                                               Selección de Miguel


lunes, 15 de junio de 2020

Efemérides do 15 de xuño

Primeiras eleccións democráticas 

Tal día coma hoxe do ano 1977, e trala morte de Francisco Franco, tiveron lugar as primeiras eleccións democráticas, das que Adolfo Suárez sería o vencedor con 6 310 391 votos.
        Selección de Martín

Jean-Baptiste Denys

Tal día coma hoxe, cúmprense 353 anos dende que o médico Jean-Baptiste Denys realizara a primeira transfusión de sangue nun ser humano.
                                                                                                           Selección de Miguel

viernes, 12 de junio de 2020

Felicitación de Cumpleaños de Alex


Efemérides 12 de xuño

Diario Anne Frank


Hoxe fai 78 anos que Ana Frank recibiu como regalo de seu pai, un caderno polo seu decimo terceiro aniversario. Neste diario empezou a escribir o seu día a día en Holanda pois toda a súa familia tivo que mudarse a Amsterdam pola persecución de Hitler.
O seu pai publicou o libro en 1947. Foi traducido a máis de 60 idiomas e vendéronse máis de 30 millóns de exemplares. 
                                                                       Selección de Olivier

Os Dereitos Humanos

A Declaración de Dereitos de Virginia (Estados Unidos) do 12 de xuño de 1776, escrita por George Mason, está considerada como a primeira declaración dos Dereitos Humanos da historia, á súa vez, inspirada na Bill of Rights inglesa de 1689. 
                                                                                                       Selección de Saúl

Encarceran a Nelson Mandela


O do de xuño de 1964 era encarcerado o líder do Congreso Nacional Africano en Sudáfrica Nelson Mandela. Foi o primeiro mandatario negro que encabezou o Poder Executivo. Vinteseis anos máis tarde sae do cárcere e morre o 5 de decembro do ano 2013 despois de converterse nunha das persoas máis importantes do seu país.
                 Selección de Pablo Matías
 

Firma do Tratado de Adhesión á CEE


Tal día coma hoxe do ano 1985, España firma o Tratado de Adhesión á Comunidade Económica Europea (CEE), actual Unión Europea.
                                                                        Selección de Martín

                                               


jueves, 11 de junio de 2020

Efemérides do 11 de xuño

Nacemento de Jacques Cousteau

Hoxe cúmprense 110 anos do nacemento de Jacques Yves Cousteau, explorador e oceanógrafo. Era un neno cunha saúde moi fráxil e os médicos recomendáronlle que practicara natación. A partir de entonces comezou a súa fascinación polo mundo marino.

Dedicouse a explorar o fondo do mar no seu buque Calipso. Con el gravou a serie documental "O mundo submarino de Jacques Cousteau", dende aí mostrou a diversidade e complexidade do mundo dos océanos.
                                                                        Selección de Oliver


Nacemento de Peter Dinklage

En 1969 nacía Peter Dinklage en Nueva Jersey, Estados Unidos. A Peter, no instituto, facíanlle bullyng porque nacera con acondroplasia (principal causa do enanismo). Pero cando se fixo maior comprobou que xa non lle importaba e converteuse nun dos mellores actores de EEUU, moi coñecido polo seu papel na famosa serie "Xogo de tronos".
                                                   Selección de Pablo Matías

miércoles, 10 de junio de 2020

Efemérides do 10 de xuño

Día Mundial da Seguridade Vial

O día 10 de xuño celébrase O Día Mundial da Seguridade Vial. O seu obxectivo é promover a educación vial como estratexia para evitar accidentes de tráfico e reducir a cero o número de victimas en carretera.
                                                                      Selección de Olivier

Falecemento de Antonio Gaudí


Tal día coma hoxe de 1926 falece Antoni Gaudí, un importante arquitecto español.


Selección de Martín













Italia entra na II Guerra Mundial

Un día coma hoxe do ano 1940, Italia entraba na II Guerra Mundial aliada con Alemania, loitando codo con codo ao lado de Adolf Hitler e enfrentándose a Francia, Reino Unido e os demais países aliados.
Italia, nese momento, estaba ao mando do ditador italiano Benito Mussolini.
Benito Mussolini


Adolf Hitler
Selección de Pablo Matías

martes, 9 de junio de 2020

Efemérides do 9 de xuño

Nacemento de George Stephenson

Tal día coma hoxe do ano 1781 nace George Stephenson, un enxeñeiro británico inventor, xunto ao seu fillo Robert Stephenson, da primeira locomotora do mundo, chamada The Rocket.  
                Selección de Martín 

Morte de Charles Dickens

Morre en Gadshil Place (Reino Unido), Charles Dickens, escritor inglés de novelas cun alto contido de denuncia social e algunhas doses de humor e ironía, como o inesquecible "Oliver Twist", "A Christmas Carol", "David Copperfield", "Un conto de dúas cidades", "Grandes expectativas" ou "Tempos duros".   
                                                                  Selección de Saúl e Nicolás

                                 Nace o pato Donald


Tal día coma hoxe fai a súa primeira aparición o personaxe animado de Disney, O Pato Donald. Este pato tan peculiar, que fai rir a tantos nenos e nenas, naceu en 1934 aparecendo no programa de Classic Cartoons. Na imaxe vemos como foi cambiando ao longo dos anos.

                                      Selección de Pablo Matías
                                                          

lunes, 8 de junio de 2020

Felicitación de Cumpleaños de Mateo





Día Mundial dos Océanos

Hai 12 anos que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu o 8 de xuño como o Día Mundial dos Océanos. Si, o mesmo día do nacemento de Mateo!


Con este día búscase concienciar sobre o papel que os océanos desempeñan na vida e reflexionar sobre as distintas accións que podemos levar a cabo para protexelos; o obxectivo é impulsar solucións á problemática da contaminación por lixo e plásticos.



Os océanos cobren ao redor do 70% da superficie terrestre, regulan o clima, alimentan a millóns de persoas, producen osíxeno e son o hábitat dunha gran cantidade de especies.

Selección de Olivier



sábado, 6 de junio de 2020

Efemérides do 6 de xuño

Aniversario de Diego Velázquez

Tal día coma hoxe de 1559 naceu en Sevilla Diego Rodríguez de Silva y Velázquez, ou tamén chamado Diego Velázquez. Foi un pintor barroco español considerado un dos máximos expñentes da pintura española e maestro da pintura universal.







A súa obra máis importante é As Meninas. Trátase do retrato da familia real escenificado no taller do propio escritor.

                                  Selección Pablo Matías













Día Mundial dos trasplantados

O 6 de xuño celébrase o Día Mundial dos Pacientes Trasplantados. Esta data foi promovida pola Organización Mndial da Saúde,OMS, e pola Organización Nacional de Trasplantes, ONT. 
Esta celebración busca concienciar e reivindicar políticas de explotación comercial e tráfico de órganos.
                                       Selección de Olivier

viernes, 5 de junio de 2020

Felicitación de Cumpleaños de Miguel



Nacemento de Federico García Lorca


Tal día coma hoxe do ano 1898 nace en Fuente Vaqueros (Granada) Federico García Lorca













                                                                                                   Selección de Martín e Nicolás


Día mundial do medio ambiente

O Día Mundial do Medio Ambiente celébrase dende 1974 o 5 de xuño de cada ano. Escolleuse esa data porque foi un 5 de xuño cando se iniciou a Conferencia de Estocolmo do ano 1972 cuxo tema central foi o Medio Ambiente.
Este ano o tema é a biodiversidade. Eventos recentes como os incendios forestais sen precedentes en Brasil, California e Australia; a invasión de langostas no Corno de África e agora a pandemia do COVID -19, demostran a relación entre os humanos e as redes da vida nas que vivimos.
                                                                                                 Selección de  Asier e Pablo Matías


jueves, 4 de junio de 2020

Efemérides do 4 de xuño

Dia Internacional dos nenos vítimas de agresión

O 4 de xuño conmemórase o día Internacional dos nenos Vítimas da Agresión, nenos que sofren abusos e violencia de todo tipo. Celébrase dende o 19 de agosto de 1982, ano no que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, convocou unha sesión de emerxencia sobre Palestina. 
                                                                        Selección de Saúl

Premio Príncipe de Asturias de Investigación científica e técnica

Fai hoxe 12 anos que en España, no campo da ciencia dos materiais e a nanotecnoloxía, Shuji Nakamura, Sumio Lijima, Robert Langer, Georges M.Withesides e Tobin Marks, recibiron o Premio Príncipe de Asturias de Investigación, Ciencia e Técnica. Os seus estudos son fundamentais para o desenvolvemento sostible do planeta e a loita contra a pobreza. Os seus traballos contribúen ao aforro enerxético e á utilizaciòn sostible das novas fontes de enerxía.                     Selección de Olivier 

miércoles, 3 de junio de 2020

Efemérides do 3 de xuño

Nacemento de Ramón Cabanillas



Tal día coma hoxe do ano 1876 nace en Cambados Ramón Cabanillas, un escritor galego membro das Irmandades da Fala que, en 1920, foi nomeado membro da Real Academia Galega e, en 1976, a RAG, decidiu adicarlle o día das Letras Galegas.
                                                                    
                                                                             Selección de Martín

Día mundial da bicicleta


Hai dous anos que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, declarou o 3 de xuño como o Día Mundial da bicicleta. O obxectivo de adicarlle un día é impulsar a bicicleta como unha solución a retos mundiais, que inclúen a contaminaciòn, o cambio climático, e a saúde.

Selección de Olivier