viernes, 19 de febrero de 2016

Celebrando a paz

The salcedo times
Sábado, 30 de Xaneiro de 2016


A PAZ INVADE UN COLEXIO DE SALCEDO


O alumnado do colexio C.E.I.P San Martiño de Salcedo, celebra o día da paz.


Carlos Matías Pires
Salcedo / corresponsal


 Ao longo da semana que vén de rematar, nenos e nenas do colexio San Martiño, traballaron, xunto co profesorado do centro, para a celebración do día da paz.
A conmemoración completouse no dia de onte, cando, sobre as 12:45 horas, o alumnado  deu lectura ás mensaxes que previamente confeccionaran nas aulas, intentando ensinar o que eles pensaban que era a paz, e como temos que conseguila.

A presentación dos traballos  realizouse na entrada do colexio, xusto diante do mural elaborado con todas as mensaxes. Todo isto en pequenos textos pero de gran significado, sendo a máis aplaudida a da aula de sexto curso de primaria, polos importantes valores que representaba.





No hay comentarios:

Publicar un comentario