lunes, 11 de julio de 2016

Visitando o CIFP Carlos Oroza



UNHA GRAN MERENDOLA NO  CIFP CARLOS OROZA

Non pensades que comer o que os vosos pais cociñan xa é moi aburrido? Pois por que non facer a vosa propia comida? Nós fixémolo.


Por fin chegara para nós o día que moitos estabamos esperando, e non, non nos referimos a fin de curso, senón á excursión ao Carlos Oroza. Como en todas as excursións nas que se perdía moita clase, todos estabamos moi emocionados con aquela visita ao centro que faría que acabasemos cunha boa dor de barriga, pero mellor será non adiantar acontecementos.

Esta actividade comeza o luns 30 de maio, máis concretamente, ás 10 en punto. Isto foi despois dunha aloucada viaxe en autobús pois, como dixemos antes, todos estabamos moi nerviosos, todos si, pero Diego en especial.  A el notábaselle na cara o nervioso e emocionado que estaba por ir ao instituto da súa nai, tanto, que no camiño, xusto antes de chegar, o condutor perdeuse e non sabía como chegar. Diego empezou a estresarse e a dicirlle ao condutor (medio berrando) o camiño polo que se tiña que meter.

Chegamos ao instituto acompañados da nosa “guía”: María. Ao chegar  recibíronnos dúas profesoras máis: Pilar e Tina. O primeiro que fixemos foi  un esforzo tremendo, xa que non podiamos conter a emoción, pero futuros chefs e camareiros estaban en exames, e se queriamos comida rica dentro de catro anos mellor era non molestalos.  

Despois de que nos fixeran unhas pequenas aclaracións  fomos a unha sala  na que nos preparamos para entrar en territorio profesional. Alí personalizamos os nosos gorros e puxemos os mandilóns.






Cando xa todos estabamos listos, dividíronnos en dous grupos: hostalería e cafetería. Pero, antes de pasar á acción, todos tivemos que  facer unha das cousas máis importantes que teñen que facer todos os profesionais:  lavar as mans.

María acompañounos ata a cociña ao grupo de hostalería. Alí, o primeiro que vimos foi a dous cociñeiros: Jorge e Dani. Eles axudáronnos a cociñar. Faláronnos de como prepararon a masa e das cantidades, de que tiñan un forno fermoso, moi grande e quente ... etc.


Empezamos polos "tronquiños", isto é, unha masa elástica e moldeable, nós tiñamos que darlle forma redondeada, despois tiñamos que pórlle o que nos gustase (tomate, queixo, bacon, xamón, atún...) e ao final facerlle  forma de "rollito".





Despois tocaba un clásico da comida italiana, os "calzoni". Isto prepárase igual, só que ao final, en vez da forma de "rollito", hai que pechalo e meter os bordes para dentro.















Ao final fixemos outro clásico da  comida italiana, as "pizzas", prepárase todo igual que os anteriores pero ao final déixase sen darlle ningunha forma.




Ao rematar todos, metemos todo no forno ...


... recollemos e limpamos.





Na cafetería, un home alto e de traxe  volveu a dividirnos para ir pasando polos distintos obradoiros:    “napkins collection”, “cócteles machine” , “sándwich time” , “smoothie of play”, “bate o chuculate” e “pinchito fruituno”.




Napkins collection: aprendemos a decorar as mesas cun simple pano de mesa e as nosas mans. 










Cócteles machine:  fixemos cócteles de practicamente todas as cores, dende turquesa ata negro. 










Sándwichs machine: sacámoslle todo o potencial ao que todos sabemos facer: un bocadillo de pan “bimbo”.  Alí explicáronnos como facer para  converter nun prato gourmet   o que para moitos era un simple bocadillo.  













Smoothie of play: aprendemos a preparar unha das receitas do verán preferidas polos nenos: os batidos de iogurt. 


                                                                                  




Bate o chuculate: chupámonos  os dedos coa deliciosa receita de nubes ou amorodos con chocolate.














Pinchito froituno: espetadas de froitas que cada un facía ao seu gusto combinando as froitas que máis lle gustaban.












Despois de elaborar todo,  colocamos nunha mesa todas as nosas creacións. 



Cando xa tiñamos todo preparado, chegaron os compañeiros que estiveran cociñando pizzas, tronquiños e calzoni.

Foi entonces cando puidemos degustar e gozar dos manxares que fixeran uns e outros.




E, por se isto fora pouco, chegou o momento, o momento no que vimos unha fermosísima fonte de chocolate, pensabamos que era unha lenda ... Pero  aí estaba!




Foi unha das mellores excursións na nosa etapa no colexio.


                            
Recollido dos textos de Andrés,  Diego, Lucía,  Raquel, Sheila  e Yago   

No hay comentarios:

Publicar un comentario