lunes, 11 de julio de 2016

Volvendo a Pontenciencia

UNHA MACEDONIA CIENTÍFICA  

22/2/16 - 3/6/16


Moitas veces, na túa cabeza, xurdíronche dúbidas que nunca tiñan resposta ou que nin sequera tiñan sentido.

No noso colexio é habitual, porque somos o CEIP San Martiño. Un colexio  que agora (no noso tempo de gloria) poderíamos dicir que é un colexio famoso na nosa cidade.


E preguntarédesvos: por que é tan famoso? Pois moi ben, o noso colexio conta cun "palmarés" espectacular. Nas nosas vitrinas temos " premios de todas as cores", como o mellor cartel das Letras Galegas ou o trofeo de campións da "liguilla" de balonmán.


Aínda que para nós (as nenas e nenos de sexto), nas nosas retinas aínda se segue reproducindo aquel gran día, o día no que gañamos Pontenciencia 2015.


Como o ano pasado tivemos éxito ao participar (e gañar) en Pontenciencia, este ano vímonos "obrigados" a volver. Este ano era o "Retorno do Rei", o retorno do San Martiño.


Aquel 22 de febreiro, 22 de febreiro cargado de esperanzas, das nosas esperanzas, esas con ganas de volver, con ganas de disfrutar, con ganas de aprender... aquel día coa nosa unión.


Ese 22 de febreiro foi cando empezou todo.



Pois resulta que todo empezo un dia calquera ... Tiñamos clase co profe Diego, pero ese día viña máis “misterioso” que de costume...

O profe Diego díxonos que iamos a participar outra vez en Pontenciencia. Cando nolo dixo  emocinounos moito, aínda que logo  engadiu que,  ao mellor, os de 5º tamén irían. Cando nos dixo isto  decepcionounos un pouco pero, sen dicir nin mu,  puxémonos mans á obra.
Resulta que ese dia estabamos dando o tema 6, o tema dos materiais, e eliximos ese tema para Pontenciencia.

Ao principio nós fixemos 4 experimentos: Combustión en acción, Por que “enferma” o ferro? Condutividade e o Titanic cara a resposta.
Cada un molou moito pero o profe Diego dixo que só podiamos elixir dous porque nos dixo que os de 5º tamén tiñan os seus  experimentos que eran: En busca do amidón perdido e Sementes Zip que é unha continuación  dun experimento do ano pasado.



Despois de traballar moi duramente durante tres meses chegou o día de "examinarnos". Na clase, antes de saír, xuntámonos todos para comentar e apuntar o noso estado de ánimo unha hora antes do día máis importante do trimestre. Case todos coincidíamos no estado de ánimo: unha mestura entre alegría e medo. 

Cando chegamos alí o primeiro que fixemos foi ir a ver os stands que xa puxera o profe Diego o día anterior, ao velos alí expostos sentímonos orgullosos, polo menos eu.

Despois de “visitar” os nosos stands repartímonos en dous grupos: os que presentaban ao xurado e os que participaban nas actividades.

Despois de 15 minutos de espera foi chegando o xurado que, investigación por investigación, foron avaliándonos.

Mentres, os do outro grupo, participaban nas actividades: 

Aqualoxía 
































Robotix
























Ciencia Visión, Contaciencia e Ciencia na cociña. 































Despois fomos a unha merendola que tiñan preparada os organizadores.

Despois de repoñer enerxías coa merenda cambiamos os papeis, daquela, os que foran ás actividades quedaron  nos stands e os que presentaran ao xurado marcharon a algunhas das actividades.

O luns soubemos que, ao final, gañamos Pontenciencia.

Textos de Diego e Susy

No hay comentarios:

Publicar un comentario