lunes, 25 de mayo de 2020

Efemérides 25 de maio

Bombardeo do 25 de maio

Tal día coma hoxe de 1938, no marco da Guerra Civil Española, no mercado central de Alacante, os avións fascistas de Francisco Franco, realizan o peor bombardeo contra a poboación civil; morren 313 homes, mulleres e nenos.


Efeméride recollida por Martín

Fazaña do Everest


O 25 de maio do ano 2001, no monte Everest, os estadounidenses Erik Weihenmayer (32 anos) e Sherman Bull (64 anos) convértense, respectivamente, na primeira persoa cega e a persoa con máis idade en escalar o Everest.
                                                                                     Efeméride recollida por Saúl







Programa Apolo

Tal día coma hoxe, fanse 59 anos dende que nos Estados Unidos, o presidente John F. Kennedy anuncia, despois dunha sesión especial do congreso que o seu goberno está preparado para comezar o proxecto que levará ao ser humano á Lúa antes do final da década (Programa Apolo).
                                                               Efeméride recollida por Miguel

No hay comentarios:

Publicar un comentario