viernes, 8 de mayo de 2020

As noticias do día Sección Internacional

Día Internacional da Cruz Vermella

Hoxe, coincidindo co nacemento en 1828 do seu fundador, Jean Henri Dunant, celébrase o Día Internacional da Cruz Vermella. É unha organización imparcial, neutral e independente. A súa misión humanitaria é protexer a vida en situacións de guerra, traxedia, sismos, maremotos e inundacións. A súa fundación foi en Ginebra (Suiza), no ano 1863.
                             Texto e imaxes de Aixa e Saúl
Jean-Henri Dunant recibiu o primeiro Premio Nóbel da Paz no ano 1901



Erradicación da varíola



O día 8 de maio do ano 1980, a OMS (Organización mundial da Saúde), declara oficialmente a erradicación do virus da varíola.
.
Texto e imaxes, Aixa


Fin da II Guerra Mundial

O 7 de mayo  de 1945  fírmase en Remis (Francia), o fin da II Guerra Mundial en Europa tras 5 anos e medio de horror  e coa rendición incondicional de Alemaña. Os comunicados van chegando nos días seguintes, 8 e 9 de maio. No 75 aniversario da rendición de Terceiro Reich as celebracións vense ensombrecidas por unha pandemia que está causando moitas vítimas.
Texto e imaxes, Saúl e Aixa



No hay comentarios:

Publicar un comentario