martes, 19 de mayo de 2020

Efemérides do día

Lanzamento da sonda Mars 2

Tal día coma hoxe do ano 1971, a Unión Soviética lanzou a sonda Mars 2 a Marte. O 27 de novembro chega á órbita do planeta vermello producíndose un fallo mecánico ao entrar en contacto coa atmosfera e cae no chan de Marte. Grazas a este fallo prodúcese a primeira "aterraxe" en Marte.
Efeméride recollida por Saúl

   Dirty Harry

O 19 de maio do ano 1953 no sitio de proba de Nevada, Estados Unidos detona a bomba atómica Harry, de 32 quilotones. A bomba chamouse " Harry el sucio", porque depositou moito material radioactivo na zona da localidade de St. George (Utah), a 220 km. A poboación informou dun "estraño sabor metálico no aire". Tres anos despois, neste mesmo sitio filmouse a película El Conquistador de Mongolia, producida por Howard Hughes e protagonizada por John Wayne e Susan Hayward. Nos anos seguintes, unha alta porcentaxe do equipo morreu por diferentes tipos de cancro.
                                              Efeméride recollida por Asier


Desfile da Vitoria

O desfile da Vitoria de Madrid de 1939 foi unha exhibición militar organizada na capital de España polo goberno do xeneral Franco o 19 de maio de 1939 para celebrar o triunfo obtido na recentemente terminada guerra civil.
Tras a morte de Franco, o desfile de 1976 pasou a celebrarse o 30 de maio, pero ao ano seguinte, produciuse finalmente o cambio de denominación do desfile, pasando a chamarse no seu lugar Desfile do «Día das Forzas Armadas».​ Durante moitos anos, celebrouse anualmente o desfile militar, herdanza do da Vitoria, a finais de maio. Durante uns anos a celebración do desfile foi cambiando de localización entre as distintas Capitanías Xerais que había entón. Finalmente, o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, decidiu cambiar a forma de celebrar o Día das Forzas Armadas, por unha serie de celebracións cívico-militares para a promoción das Forzas Armadas             
                                                                      Efeméride recollida por Martín

Nacemento de Marshmello




O 19 de maio de 1992 nace Marshmello. É un DJ estadounidense moi coñecido por como toca nos concertos.
Texto e imaxes, Saúl

No hay comentarios:

Publicar un comentario