viernes, 19 de junio de 2020

A noticia do curso 2019/20

Graduación do alumnado de 6º de EP

Hoxe, 19 de xuño, nós, as nenas e nenos de sexto de Educación Primaria, rematamos a nosa etapa de primaria que comezou no curso 2019/20 e iniciamos unha nova: Educación Secundaria Obrigatoria.
                               
PARABÉNS A TOD@S
                                                                                                                  Redacción de Martín


E ao remate da etapa, e despois de coñecer algo sobre a vida de Van Gogh, deixastes aquí os vosos soños, proxectos e metas. Aí quedan, mesturados, sen escribir o nome do seu autor ou autora, abonda con que cada un saiba do seu texto e se recoñeza nel. En calquera caso, lanzamos a pregunta

Quen é quen? De quen é?

Ser policía nacional

Todos temos soños e metas que nos gustaría cumprir na nosa vida.

Van Gogh é  un pintor moi coñecido na actualidade; mentres estivo vivo non conseguiu triunfar, só vendeu tres cadros na súa vida. Despois da súa morte, a súa cuñada fixo exposición das súas obras e promocionounas, e foi cando o converteu nun pintor famoso.  Isto foi posible grazas á  perseveranza de Van Gogh, que nunca se rendeu e seguiu pintando, deixando unha obra pictórica moi extensa.

Eu tamén teño metas para o meu futuro, gustaríame ser Policía Nacional. Sei que non vai ser doado, primeiro teño que cumprir cos requisitos necesarios para poder presentarme, e despois, teño que prepararme moi ben para poder aprobar as probas escritas e as físicas.

Para conseguilo debo ser como Van Gogh, perseverante e non renderme ante as dificultades.


Ser feliz

Eu, a verdade, neste momento, non teño moi claro o que quero ser de maior. Cando era máis  pequeno sempre dicía que quería ser “melitar” coma o meu pai. Despois, a medida que fun medrando, fun cambiando de idea pasando por policía, bombeiro...

Agora, con esta pandemia que nos tocou vivir, tiven moito tempo para pensar e quizais me gustaría  dedicarme a algunha profesión coa que poida axudar, colaborar, etc coas necesidades das demais persoas. Pero algo que teño claro é que, ante todo, cando sexa maior quero ser “feliz” porque ser adulto implica: andar sempre con présa, ter moitos pensamentos na cabeza, saber tomar moitas decisións...

Para poder conseguir chegar a isto nun futuro quédanme por diante moitas horas de estudo, esforzo e traballo.


Ser actriz

Non teño moi claro o que quero ser cando medre, pero o que me gustaría é ser actriz. O que teño que facer para conseguilo é estudar Arte Dramática ou Bacharelato en Teatro e Actuar nunha universidade ou escola especial de Artes escénicas ou actuar.


Ser Policía Nacional paso a paso

A min  de maior gustaríame ser Policía Nacional.

Segundo me explicaron os meus pais, o que teño que facer para ser policía é o seguinte:

Primeiro: estudar a ESO que vou a empezar o ano que vén.

Segundo: acabar o Bacharelato.

Terceiro: estudar para unha oposición para poder entrar na academia. Alí   pregúntanche as leis de España e tamén che fan unha serie de probas físicas.

Catro: entrar na academia da Policía Nacional que está en Ávila. Na academia hai edificios para estudantes e  un pequeno centro médico, piscina, pista de atletismo, galería de tiro, auditorio, pistas de tenis, museo, comedores etc. Na academia te ensínanche como tes que actuar ante diferentes situacións, disciplina e moitas cousas máis que se necesitan para ser un bo policía.

Cinco: facer un ano de prácticas en calquera sitio de España.

Seis: xurar o cargo.

E xa es policía! E seguro que un dos mellores.


Ser peiteador

Eu quero ser de maior peiteador. Creo que para conseguilo teño que estudar e facer un ciclo de formación profesional e, a parte, facer unha serie de cursos especializados nesta profesión.


 Ser enxeñeiro agrónomo

A min, dende pequeno, sempre me gustou ser agricultor, pero está claro que hoxe en día con iso non se gaña a vida; entón, co paso do tempo e a medida que medraba, fun cambiando de idea e si que quero algo relacionado co campo e coa natureza porque é onde eu desfruto e por isto decidín que o meu futuro está por conseguir ser enxeñeiro agrónomo.

Tamén teño claro que para conseguilo terei que :

  1. Estudar moito

  2. Poñer interese e dedicación

  3. Loitar por conseguilo e nunca renderse


Ser arquitecto

No estoy seguro de lo que quiero ser de mayor pero me gustaría ser arquitecto porque me gusta crear formas originales con estructuras. Para ser arquitecto tendría que estudiar arquitectura y eso son cinco años. Probablemente con el tiempo cambiaré de opinión pero esa es una de las cosas que me gustaría hacer. Mis padres quieren que sea arquitecto para diseñarles la casa de sus sueños.


Escritora, pintora, científica, ecoloxista… Gústame todo!

Eu, a verdade, non sei que quero ser de maior, estou confundida. Antes quería ser, ou escritora, ou pintora, ou científica… Pero agora non sei que quero ser. Aínda me faltan cousas por descubrir, asignaturas por estudar, etc. Penso que aínda é cedo para saber o que quero estudar e do que quero traballar. Gústame debuxar, escribir, e tamén me gusta a ciencia, investigar sobre as cousas que me interesan e preocúpame moito o medio ambiente; pero creo que  esas afeccións son mellores como hobbies. Aínda teño que descubrir o que realmente a mín me enche. :)


Tener aptitud y actitud

No sé a qué voy a dedicarme en el futuro, lógicamente me tiene que gustar. Pero para todos los trabajos se necesita tener una base de estudios, sin ella, no tendré un buen currículum y sin éste no conseguiré el puesto de trabajo que me gustaría.

Todo el trabajo y esfuerzo inicial nos servirá para el futuro y las dos cosas más importantes que tengo claras en la vida son la actitud y la aptitud, que me ayudan a conseguir lo que quiero.


Ser moi moi ... feliz!

De maior quero ser … Téñoo moi claro e moi borroso á vez. Eu sei unha das cousas que quero ser, pero a outra aínda non.

De maior, téñoo clarísimo: quero ser moi moi moi  FELIZ.

Así que, como quero ser feliz, quero tamén encontrar a cousa que me faga feliz.Teño claro que vou facer o que me faga feliz, aínda non sei o que, porque gústanme moitas cousas, pero unha cousa si que sei: que polos números non vou a ir.


Ser cirurxián

Cando sexa maior,  gustaríame ser ciruxán, como o meu avó Miguel.

É unha carreira bastante difícil e moi arriscada, pero para conseguilo teño que aplicarme moito .

A min, dende pequeniño gustábanme as naturais e saber como funciona o corpo humano. Decidín ser cirurxián porque gústame axudar os demais e intentar salvar vidas.

En resumo, ser cirurxián é o meu soño e tamén ter un can, pero iso xa é outro tema.


Ser arquitecto e deseñador de interiores

Eu, cando sexa maior, quero estudar arquitectura e deseño de interiores, polo que quero ser arquitecto e deseñador de interiores.

Para poder dedicarme a esas dúas profesións teño que estudar física, matemáticas e debuxo gráfico no instituto, pero para traballar nesas dúas profesións non só tería que escoller esas materias, senón que terei que facer despois a carreira de arquitectura.

Para prepararme para esa carreira terei que  esforzarme moito estudando, tomando apuntes, facendo todos os traballos por moi difíciles que sexan no prazo que me poñan e, por último,  poñendo en práctica o que estudei e os apuntes que tomei. E para ser deseñador de interiores terei que facer un grado universitario de catro anos.


Ser neurocirurxiá

Aínda non sei o que quero ser cando medre, pero gustaríame ser unha bailarina, psicóloga, militar ou médica.

Gustaríame ser estas catro cousas. Encántame bailar e imitar bailes de xente famosa.Tamén me gustaría ser psicóloga e axudar ás persoas a resolver os seus problemas persoais. Logo tamén ser militar porque podo protexer ás persoas. Por último ser médico, en concreto , ser unha neurocirurxiá. Teño a vantaxe de que non me da medo ver sangue e ningunha parte do corpo. Dáseme moi ben pintar tamén pero eu  véxoo como un hobby, non para dedicarme no futuro.


Ser eu mesmo

Hai moita xente que xa sabe de que quere traballar de maior, pero tamén hai xente que non sabe que quere ser. Eu non estou en ningún dos dous grupos. Eu non sei de que quero traballar, pero si que sei que quero ser. Quero ser eu mesmo.

A que me refiro? Pois refírome a ter un traballo que me guste, ser feliz e vivir. E non o digo no sentido da palabra de ter ben reguladas as constantes vitais, non; dígoo no sentido da palabra de vivir a vida, porque só hai unha, e non hai que desaproveitala.

Algo que te vai acompañar máis da metade da vida, como é un traballo, tenche que gustar, porque senón, vas vivir unha vida, pero non vas vivir a vida.

Por iso quero ser eu mesmo, porque vida só hai unha, e non hai que desaproveitala.


Ser policía nacional

Para Van Gogh no fue fácil dedicarse a pintar debido a sus problemas mentales y además porque sus obras no eran muy bien acogidas.

A mí me gustaría ser policía nacional de mayor; para conseguirlo tengo que acabar la secundaria, presentarme a oposiciones y, si apruebo, ingresaré en una Academia de policía para formarme y, si supero el curso, seré policía nacional y me destinarán a cualquier parte de España.

No hay comentarios:

Publicar un comentario