viernes, 12 de junio de 2020

Efemérides 12 de xuño

Diario Anne Frank


Hoxe fai 78 anos que Ana Frank recibiu como regalo de seu pai, un caderno polo seu decimo terceiro aniversario. Neste diario empezou a escribir o seu día a día en Holanda pois toda a súa familia tivo que mudarse a Amsterdam pola persecución de Hitler.
O seu pai publicou o libro en 1947. Foi traducido a máis de 60 idiomas e vendéronse máis de 30 millóns de exemplares. 
                                                                       Selección de Olivier

Os Dereitos Humanos

A Declaración de Dereitos de Virginia (Estados Unidos) do 12 de xuño de 1776, escrita por George Mason, está considerada como a primeira declaración dos Dereitos Humanos da historia, á súa vez, inspirada na Bill of Rights inglesa de 1689. 
                                                                                                       Selección de Saúl

Encarceran a Nelson Mandela


O do de xuño de 1964 era encarcerado o líder do Congreso Nacional Africano en Sudáfrica Nelson Mandela. Foi o primeiro mandatario negro que encabezou o Poder Executivo. Vinteseis anos máis tarde sae do cárcere e morre o 5 de decembro do ano 2013 despois de converterse nunha das persoas máis importantes do seu país.
                 Selección de Pablo Matías
 

Firma do Tratado de Adhesión á CEE


Tal día coma hoxe do ano 1985, España firma o Tratado de Adhesión á Comunidade Económica Europea (CEE), actual Unión Europea.
                                                                        Selección de Martín

                                               


No hay comentarios:

Publicar un comentario