jueves, 11 de junio de 2020

Efemérides do 11 de xuño

Nacemento de Jacques Cousteau

Hoxe cúmprense 110 anos do nacemento de Jacques Yves Cousteau, explorador e oceanógrafo. Era un neno cunha saúde moi fráxil e os médicos recomendáronlle que practicara natación. A partir de entonces comezou a súa fascinación polo mundo marino.

Dedicouse a explorar o fondo do mar no seu buque Calipso. Con el gravou a serie documental "O mundo submarino de Jacques Cousteau", dende aí mostrou a diversidade e complexidade do mundo dos océanos.
                                                                        Selección de Oliver


Nacemento de Peter Dinklage

En 1969 nacía Peter Dinklage en Nueva Jersey, Estados Unidos. A Peter, no instituto, facíanlle bullyng porque nacera con acondroplasia (principal causa do enanismo). Pero cando se fixo maior comprobou que xa non lle importaba e converteuse nun dos mellores actores de EEUU, moi coñecido polo seu papel na famosa serie "Xogo de tronos".
                                                   Selección de Pablo Matías

No hay comentarios:

Publicar un comentario