miércoles, 3 de junio de 2020

Efemérides do 3 de xuño

Nacemento de Ramón Cabanillas



Tal día coma hoxe do ano 1876 nace en Cambados Ramón Cabanillas, un escritor galego membro das Irmandades da Fala que, en 1920, foi nomeado membro da Real Academia Galega e, en 1976, a RAG, decidiu adicarlle o día das Letras Galegas.
                                                                    
                                                                             Selección de Martín

Día mundial da bicicleta


Hai dous anos que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, declarou o 3 de xuño como o Día Mundial da bicicleta. O obxectivo de adicarlle un día é impulsar a bicicleta como unha solución a retos mundiais, que inclúen a contaminaciòn, o cambio climático, e a saúde.

Selección de Olivier



No hay comentarios:

Publicar un comentario