martes, 14 de abril de 2020

Seleccionando efemérides 

Relación dos sucesos importantes ocorridos o mesmo día do ano ao longo da historia.

Cando xa levamos un mes nas nosas casas, e sabedores de que vivimos uns acontecementos que se estudarán nos libros de historia, decidimos abrir aquí un espazo para recoller as efemérides que máis nos interese recordar porque tamén as estudamos na clase, ou para dar a coñecer pola súa transcendencia ou o interés que despertaron na poboación. 

Así empezamos coas recollidas por Paula, Martín e Olivier

                                            
 AFUNDIMENTO DO TITANIC
O 14 de abril de 1912 tivo lugar unha catástrofe marítima.O barco, chamado RMS Titanic, afundiuse con centenares de persoas a bordo ao chocar cun iceberg na viaxe da súa inauguración. Morreron 1514 persoas das 2223 que viaxaban a bordo.
Foi un dos maiores naufraxios da historia.
Unha  " curiosidade" desta traxedia é que os músicos que viaxaban no Titanic tocando os seus instrumentos para amenizarlles aos viaxantes a viaxe, non pararon de tocar ata que o barco se afundiu.
Redacción: Paula




                                           
A SEGUNDA REPÚBLICA
En España, o 14 de abril de 1931 logo da dimisión do ditador Primo de Rivera e da celebración das eleccións, proclamouse a Segunda República.
Nas eleccións, os republicanos triunfaron na maioría das provincias.
O Rei Afonso XIII abandona o país, e como curiosidade, a primeira bandeira republicana izouse na localidade de Eibar.     
Redacción e imaxes: Martín e Olivier


No hay comentarios:

Publicar un comentario