viernes, 17 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

O 17 de abril de 1790 faleceu Benjamín Franklin, que foi un político, polímata e científico estadounidense. Foi o inventor do pararraios.
É considerado un dos Pais Fundadores dos Estados Unidos
Texto e imaxes,  Aixa



Tal día coma hoxe, do ano 1 492,  firmáronse as Capitulacións de Santa Fé entre Cristobal Colón e os Reis Católicos, un documento no que se recollían os acordos aos que chegaron antes de que Colón emprendera a súa viaxe polo mar cara occidente,
Texto e imaxe de Martín e Pablo Santiago




A Federación Mundial da Hemofilia (FMH) empezou a conmemorar o Día Mundial da Hemofilia en 1989. Elixiuse  o 17 de abril como data oficial en honor ao  seu fundador, Frank Schnabel, que naceu ese día.
A hemofilia é un trastorno da coagulación de por vida que impide que o sangue coagule correctamente.
Texto e imaxe Saúl e Aixa

En 1964, Jerrie Mock converteuse na primeira muller en dar a volta ao mundo polo aire. A viaxe durou 29 días, fixo 21 paradas e recorreu case 28 900 km.
Texto e imaxe, Joaquín e Olivier


O 17 de abril era o dia que estaba planificado que chegara o Titanic a Nueva York pero... Todos sabemos a historia verdadeira do Titanic.   

Texto de Tomás 



O día 17 de abril de 1975 acabou unha das guerras máis sanguentas da historia, a Guerra Civil de Camboya. Foi un conflito armado que se produxo entre 1967 e 1975, durante a Guerra de Vietnam.
Texto de Pablo Matías


No hay comentarios:

Publicar un comentario