domingo, 19 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

En 1882, tal día coma hoxe, morre Charles Darwin, pai da teoría da evolución.

Texto e imaxe, Martín
Charles Darwin, naturalista inglés (1809-1882)


En 1824 morre George Gordon Byron, coñecido como lord Byron. Foi un dos maiores poetas en lingua inglesa. Debido á súa personalidade, o seu talento poético, atractivo físico e vida de escándalos foi unha celebridade da súa época.

Texto Saúl
                             
Lord Byron, poeta inglés (1788-1824)



O 19 de abril de 1943, cando Alemaña decidiu dar comenzo á deportación masiva de xudeos cara os campos de exterminio de Majdek e Treblinca, iniciouse o levantamento dos xudeos do gueto de Varsovia contra as tropas alemás.

Texto e imaxe, Pablo Matías 

Levantamento do gueto de Varsovia contra as tropas alemás

O  18 de abril de 1956 a estrela de cine Grace Kelly  casa co Príncipe Rainiero de Mónaco na Sala do Trono do Palacio de Mónaco. Celebráronse  dúas cerimonias para o  mesmo evento, unha civil e ao día seguinte a cerimonia eclesiástica na Catedral San Nicolás de Mónaco. Os príncipes estiveron casados 26 años ata a morte de Grace Kelly nun accidente de tráfico.
Texto e imaxe, Olivier

Casamento Grace Kelly e Rainiero de Mónaco

  

19 de abril de 1987  déronse a coñecer por primeira vez en Estados Unidos os Simpsons, que orixinalmente creáronse como unha serie de cortos para The Tracey Ullman Show.
Texto e imaxe Olivier
Familia Simpsons

No hay comentarios:

Publicar un comentario