jueves, 30 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

              Suicidio de Adolf Hitler

Sucedeu o día 30 de abril de 1945, Adolf Hitler, un dictador alemán que provocara ducias de millóns de mortes, e que pensaba que os alemáns eran os máis poderosos de todos. Quería invadir todos os países pero, un día, cando xa estaba perdendo e o ían a pillar, suicidouse.
Texto e imaxes, Tomás e Pablo Matías




George Washintong, primeiro presidente

Tal día coma hoxe de 1789, George Washintong, que fora comandante xefe do Exército Continental  Revolucionario na Guerra de Independencia, converteuse no primeiro presidente de Estados Unidos.Estivo na presidencia ata 1797.

Texto e imaxe, Paula





Aparición de Bugs Bunny 

A aparición de Happy Rabbit, o prototipo de Bugs Bunny produciuse por primeira vez un 30 de abril de 1938. Dende entón revolucionou a pantalla e o mundo do entretemento. Non foi unicamente un personaxe de animación, senón todo un emblema estadounidense trala Segunda Guerra Mundial.
                                                                                                                     Texto e imaxe, Asier e Aixa






No hay comentarios:

Publicar un comentario