martes, 21 de abril de 2020

Seleccionando efemérides


Día Mundial da Creatividade

O 21 de abril de 2018 celebrouse de forma oficial o primeiro Día Mundial da Creatividade e a Innovación (DMCI). Nace co obxecto de promover o pensamento creativo multidisciplinar que nos poida axudar a conseguir o futuro sostible que queremos.


Hoxe fai 94 anos 


O día 21 de abril de 1926 naceu a raíña Isabel lI, actualmente raíña do Reino Unido. Naceu en Londres, no barrio de Maifer, como filla maior dos duques de York. Foi educada na súa casa con preceptores privados. É unha das raíñas máis lonxevas do mundo.

Texto e imaxes, Martín e Pablo Matías
     




Tal día coma hoxe, o 21 de abril de 1816, nace Charlotte Brontë, escritora británica famosa polas súas novelas. Algunhas delas son: The professor, Poemas de Currer Bel e Jane Eyre. Charlotte Brontë tiña varias irmás, pero as dúas máis famosas son ela e Emily Brontë.
Texto, Paula






Minisat 01
O Minisat 01 é un satélite que foi lanzado o 21 de abril de 1997 dende a base aérea de Gando, en Gran Canaria, cun cohete Pegasus XL. A súa vida operativa estaba prevista en dous anos, pero finalmente extendeuse ata dous anos máis.
                                                                                                                                        Texto Adriana
    
Sufraxio feminino en Francia

En 1944, tal día coma hoxe, as mulleres francesas obteñen o dereito ao voto, podendo ser electoras e elexibles nas mesmas condicións que os homes.
                                                                                                   Texto, Joaquín










Tal día coma hoxe, hay 15 anos, o Congreso dos diputados aprobou por primeira vez o proxecto de lei para a  legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo.
                 Texto e imaxe, Olivier


  




En 1989, Nintendo lanza en Xapón a videoconsola portátil Game Boy. Esta consola é agora moi valiosa porque deixaron de fabricarse hai moitos anos e case non quedan exemplares. 

Texto e imaxe, Tomás


No hay comentarios:

Publicar un comentario