jueves, 16 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

O día 16 de abril de 1889 naceu en Londres Charles Chaplin. Foi un actor, humorista,guionista, director e escritor que se fixo famoso grazas á cantidade de películas que realizou co seu personaxe Charlot. Considerase o máis importante representante do cine mudo. Chaplin morreu o 25 de decembro de 1977 con 88 anos.

Redacción e imaxe, Tomás e Pablo Matías




Este día  celébrase desde 1995 o Día Mundial contra a Esclavitude Infantil. Ese 16 de Abril de 1995 foi asasinado o rapaz de 12 años Iqbal Masih, un activista contra o maltrato dos nenos e nenas.  

Texto, Saúl   

                                                  



O 16 abril de 1828 (fai 192 anos) morreu Francisco de Goya y Lucientes en Burdeos-Francia. Foi un importante pintor e gravador español. A súa obra abrangue pintura, gravado e debuxo mural. 

Redacción e imaxes Martín e Aixa



Tal día coma hoxe,16 de abril de 1945, comeza a  Batalla de Berlín na cidade alemana, a última gran batalla en Europa durante a Segunda Guerra Mundial. Nesta batalla, o exército soviético avanza sobre Berlín para acabar coas tropas nazis.

Texto e imaxe, Pablo Santiago





No hay comentarios:

Publicar un comentario