miércoles, 15 de abril de 2020

Seleccionando efemérides

O 15 de abril de 1452 naceu Leonardo Piero da Vinci na cidade de Anchiano, en Italia. Foi un polímata:  arquitecto, enxeñeiro, artista, inventor...  Entre as súas creacións artísticas destacan “A Monalisa” e “A Última Cea”. Morreu o 2 de maio de 1519, no castelo de Clos-Lucé, en Amboise, Francia.

Redacción, Joaquín





O día 15 de abril de 1865 Abraham Lincoln foi asasinado. Recibiu un disparo na súa cabeza cando asistía á representación da peza “Our American Cousin” de Tom Tayloren, no teatro de Ford de Washington, na compañía da  súa esposa e de dous invitados. Foi asasinado por John Wilkes Booth.
Redacción, Pablo Matías

Tal día coma hoxe, do ano 1493, hai 527 anos, Cristóbal Colón  -no su retorno da primeira viaxe a América- era recibido en Barcelona polos reis Católicos, Fernando de Aragón e Isabel de Castela, con todos os honores.

Redacción e imaxe, Aixa

                                            


Hoxe 15 de abril do 2020, fai un ano do incendio do Notre Dame durante unhas obras de restauración. O incendio comezou no tellado e provocou o derrubamento da agulla central.
Con este incendio perdéronse obras artísticas de valor incalculable como as súas famosas vidreiras. 

Redacción e imaxes, Olivier e Martín



No hay comentarios:

Publicar un comentario